Datos Xerais

O Grupo de Investigación Saúde e Podoloxía está integrado por profesionais e persoal investigador de recoñecido prestixio no ámbito nacional e internacional, cunha clara orientación ao desenvolvemento de actividades científicas, tecnolóxicas e asistenciais dirixidas a contribuír de forma significativa á mellora da saúde da poboación. O seu labor céntrase tamén no avance da práctica clínica e asistencial, promovendo a transferencia de coñecemento e innovación co obxectivo último de incrementar a calidade de vida das persoas.

Nesta sección pódese consultar o persoal que forma parte do noso grupo de investigación, coñecer os principais resultados de investigación científica acadados, así como a nosa oferta tecnolóxica e de servizos. Do mesmo xeito, preséntanse as colaboracións establecidas con institucións, entidades e grupos de investigación no ámbito nacional e internacional, xunto cos resultados e impactos derivados destas accións conxuntas.

 

39

INVESTIGADORES 

400

PUBLICACIÓNS

33 PROXECTOS

FINANCIADOS

10

CONVENIOS