Visita ao Campus da Coruña

A continuación pode ver a oferta de actividades para visitar o Campus da Coruña no curso 2019/2020

Percorrido por centros no Campus da Coruña

  • Destinado ao alumnado de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.
  • Desenvolvese polos distintos centros do Campus da Coruña distribuido o alumnado polas ramas de coñecemento da súa elección.
  • Durante a visita en cada centro daráselle ao alumnado información dos distintos graos que se imparten nel, o desenvolvemento da vida universitaria e ensinaranselle as instalacións (aulario, laboratorios,....) que estarían á súa disposición.
  • Visitas: os venres do 13 de marzo de 2020 ao 29 de maio de 2020

Revise o Percorrido e Solicite aquí a Visita

Percorrido aos centros de investigación 

A duración será aproximadamente dunha hora para un máximo de 15/20 alumnos/as. Concretarase con cada centro a duración e o número de estudantes por grupo.

Solicitar a visita a través do correo electrónico sape.difusion@udc.es ou contactando directamente co centro a visitar.

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

Contacto:  citeec@udc.es  / 881 015 189


Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)

Contacto: manuel.bustabad@citic-research.org  / 881 015 534

 
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

Contacto: promocion.cica@udc.es  / 881 015 582

 

Servizos de Apoio á Investigación (SAI)

Contacto: saisec@udc.es  / 881 012 072
Para solicitalo deben encher e remitir o fomulario xenerico de "solicitude de visita" que se atopa na seguinte dirección: https://www.sai.udc.es/es/formularios e remitir ao enderezo electrónico de contacto.

 

Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA)

Contacto: iuma@udc.es   / 881 014 158