Admisión

Solicitude de admisión (preinscrición) 2020

 

nerta Plataforma de preinscrición de grao

Manual de preinscrición na plataforma Nerta

Preguntas frecuentes (FAQ's)

 


LERD's UDC

Horario de atención ao público:  de 8:30 h a 14:30 h

A Coruña: lerdcoruna@udc.gal  -- Teléfonos: 881 011 190, 881 011 192, 881 011 356

Ferrol: lerdfer@udc.gal  -- Teléfonos: 881 013 650, 881 013 672, 881 013 675

 

Todos os prazos de solicitude de preinscrición indicados a continuación rematan as 14:00 h do día de fin de prazo indicado

Preinscrición Convocatoria xuño Convocatoria xullo
Anticipada Pendente CiUG  Pendente CiUG
Ordinaria    
Extraordinaria (1)    
Titulados universitarios (2)    
Alumnado de fora de Galicia que superen as ABAU na convocatoria extraordinaria de setembro de 2020  

(1) para alumnado que aprobe as ABAU despois da revisión
(2) da convocatoria ordinaria de 2019 que teña feito o depósito do título

 

Alumnado admitido

Todos os prazos de matrícula indicados a continuación se inician as 00.01 h do primeiro día e rematan as 23:59 h do día de fin de prazo indicado

ABAU Ordinaria

Quenda presasignación de prazas Listaxe admisión Prazo de matrícula
14 xullo (martes) 15 e 16 xullo
20 xullo (luns) 21 e 22 xullo
24 xullo (venres) 25 ao 27 xullo
29 xullo (mércores) 30 e 31 xullo
25 de agosto (martes) 26 e 27 agosto
31 de agosto (luns) 1 e 2 setembro
4 de setembro (venres) 5 ao 7 setembro

 

ABAU Extraordinaria

Quenda presasignación de prazas Listaxe admisión Prazo de matrícula
25 de agosto (martes) 26 e 27 agosto
31 de agosto (luns) 1 e 2 setembro
4 de setembro (venres) 5 ao 7 setembro

 

Preguntas máis frecuentes relacionadas con temas informáticos do alumnado (FAQ's)

 

Cota de reserva para colectivos

Colectivo Porcentaxe
Titulados Universitarios 1 %
Discapacitados (igual ou superior ao 33%) 5 %
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento

3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)

Maiores de 25 anos 2 %
Maiores de 45 anos 2 %

 

Asolicitude de acceso poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD.

Cada alumno/a poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.

É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.

Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a CIUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD en que presentou solicitude de acceso e dirixida ao presidente da CIUG.

A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado ou delegada do reitor/a da universidade na que se imparte a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle ao/a interesado/a a través das listaxes de asignación de prazas ou dunha notificación e indicarase, se é o caso, o prazo para matricular.

 

Información na CIUG