Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Traballo de Fin de Grao

Preguntas frecuentes (profesorado)

 

Con antelación á data límite de presentación do traballo:

  1. O/A director/a do traballo deberá realizar un informe favorable sobre o traballo a través da Secretaría Virtual do PDI.
  2. Unha vez incorporado ese informe ao sistema de xestión, o/a estudante solicitará a inscrición a través da Secretaría Virtual do estudantado. Deberá engadir o título do TFG en español, galego e inglés e anexar o TFG como PDF.
  3. A seguir, o/a estudante entregará na administración 3 exemplares impresos asinados na cuberta polo/a director/a do traballo e tamén un exemplar en formato electrónico, xunto co Anexo II ("Solicitude de defensa e avaliación"), que tamén contará co visto e prace do/a director/a.