Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Acceso ao centro fóra do horario habitual

 

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais fixo pública unha Instrución de traballo sobre o acceso aos centros da Universidade da Coruña (UDC) fóra do horario habitual de apertura aprobada pola Xerencia da UDC.

Esta instrución é de aplicación para todos os colectivos da universidade (PDI, PAS, persoal de proxectos, alumnado etc.).

A instrución establece que para acceder aos edificios fóra do horario habitual deberase solicitar autorización mediante o formulario pertinente.

A tal fin, na Facultade de Filoloxía o formulario de solicitude estará dispoñible tanto na secretaría do decanato como no repositorio Documenta/Alfresco e na web, mediante este enlace.

Este formulario entregarase cumprimentado na secretaría do decanato con tres días de antelación á data na que se desexa acceder ao centro. Para acceder durante o fin de semana, poderase entregar ata as 14 h do mércores anterior.

A persoa autorizada contactará co servizo de vixilancia (teléfono 657 645 117) no momento de acceder ao centro. Asimesmo, comunicará a este servizo o momento en que o abandona.

A instrución abonda en outros aspectos que cómpre ter en conta, como a obriga de comunicación ao servizo de vixilancia para quen prolongue a súa xornada de traballo a horarios non habituais, as normas de actuación en caso de emerxencia e os teléfonos de axuda.