A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
Documentación necesaria para a solicitude de matrícula (curso 2013-2014)
- Fotocopia do DNI (só para quen se matricular por primeria vez.)
- O documento que corresponder, segundo o título ou as probas que habilitaren o/a alumno/a para os estudos que pretenda cursar:
- Orixinal da Tarxeta de Selectividade.
- Copia compulsada do Título de Diplomado/Licenciado Universitario/Enxeneiro/Arquitecto/Graduado ou equivalente.
- Título de Técnico Superior correspondente ás ensinanzas de Formación Profesional ou Certificación Académica Oficial dos estudos de Formación Profesional na que conste a data do Depósito do Título.
- Probas de acceso para maiores de 25 anos: certificado de ter superadas as probas.
- Probas de acceso para maiores de 45 anos: certificado de superar as probas de acceso no distrito universitario galego.
- Estudos universitarios parciais estranxeiros ou estudos rematados que non foran homologados: é preciso que a universidade lle recoñeza un mínimo de 30 créditos.
- Xustificante, se for o caso, de gratuidade, de exención ou de redución de prezos de matrícula.
- Xustificante de solicitude de bolsa do Ministerio de Educación de ser o caso.
- Fotocopia compulsada do Libro de Familia Numerosa de ser o caso.
- Para o alumnado que obtivese a cualificación de matrícula de honra global en 2.º curso de bacharelato, na FP ou premio extraordinario no bacharelato: certificación do centro respectivo.
- Ficha de captura de datos para a tarxeta de estudante, con fotografía tamaño carné (só para os que se matriculen por primeira vez).
- Unha fotografía tamaño carné.
Todos os alumnos MENORES DE 28 ANOS teñen que aboar o SEGURO ESCOLAR OBRIGATORIO.
O seguro Hac-Luce-Cum Laude é OPCIONAL.
CÓDIGOS GRAOS
• GRAO EN ESPAÑOL: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G01 (ver materias matriculables)
• GRAO EN GALEGO E PORTUGUÉS: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G02 (ver materias matriculables)
• GRAO EN INGLÉS: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G03 (ver materias matriculables)
CÓDIGOS LICENCIATURAS
• FILOLOXÍA INGLESA: 613211 (ver materias matriculables)
• FILOLOXÍA HISPÁNICA: 613311 (ver materias matriculables)
• FILOLOXÍA GALEGA: 613411 (ver materias matriculables)
CÓDIGOS MESTRADOS UNIVERSITARIOS
• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGUA E USOS PROFESIONAIS: ESPAÑOL/GALEGO/INGLÉS: 445V01. En extinción; matrícula só para estudantado matriculado en anos anteriores. (Ver plan de estudos)
• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGÜÍSTICA E AS SÚAS APLICACIÓNS: 436V01. En extinción; matrícula só para estudantado matriculado en anos anteriores. (Ver plan de estudos)
• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LITERATURA, CULTURA E DIVERSIDADE: ESPAÑOL/GALEGO: 484V01 (Ver plan de estudos)
• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGÜÍSTICA APLICADA (4436V02) (Ver plan de estudos) En proceso de verificación.
• MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS INGLESES AVANZADOS E AS SÚAS APLICACIONS (4505V01) (Ver plan de estudos) En proceso de verificación.