Please edit this content section.
Convocatoria: Prazo de presentación ata o 15 de outubro do 2025
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas.
Resolución provisional de axudas concedidas.
Resolución definitiva de axudas concedidas
Apoiar o persoal investigador predoutoral en formación promovendo o desenvolvemento de doutores mediante axudas á formación, á mobilidade, complemento a contratos predoutorais, a premios de investigación, axudas para a publicación da tese ou en revistas de alto impacto ou outros gastos derivados do seu labor investigador.
Estudantes matriculados/as nun programa de doutoramento da UDC no curso 2025/26.
a) Estar matriculado ou admitido no curso 2025/26 nun programa de doutoramento na Universidade da Coruña (UDC). As persoas que resulten beneficiarias dunha axuda deberán estar matriculadas e ao corrente do pago dos prezos públicos para poder gozar a axuda.
b) Para as persoas matriculadas no curso 2024/25 ou anteriores, ter aprobadas pola *CAPD as avaliacións anuais.
c) Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea. Con todo, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, sendo o número máximo de axudas que se poden conceder a cidadáns non comunitarios dunha (1).
d) Non gozar desta axuda en convocatorias anteriores.
e) Estar inscrito previamente no Programa de Bolsas Santander INVESTIGACIÓN Axuda Económica para Persoal Investigador predoutoral 2025, a través da plataforma habilitada para o efecto:
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/search?category=research
Non poderán solicitar esta axuda as persoas que teñan vinculación contractual ou estatutaria con outra universidade, institución ou centro de investigación externo á UDC.
Indicacións para xuntar a documentación no rexistro
2. Presencial
Se a solicitude se presenta nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberase enviar unha copia desta solicitude ao correo electrónico terciclo@udc.es.
A contía bruta de cada bolsa será de 2.000€.
O pago efectuarase mediante transferencia á conta do Banco Santander indicada polo/a investigador/a predoutoral, da cal deberá ser titular, seguindo as indicacións que consten na resolución definitiva da convocatoria.
Telephone: +34 881012364
Email: terciclo@udc.es
Anexo I ( Doc / PDF), coa seguinte documentación:
- Cualificacións obtidas.
- Datas de obtención.
- Número de convocatorias consumidas.
- Nota media do expediente.
- Nota media da promoción (só aos efectos de baremación).
Documento que acredite a admisión no programa de doutoramento.
Aprobación pola CAPD das avaliacións anuais.
Copia do documento acreditativo da condición de discapacidade.