A Universidade da Coruña conta con salas de estudo tanto na Coruña como en Ferrol, cunha capacidade total de 1698 postos.
Na Coruña, as salas están situadas no Centro Universitario de Riazor (CUR, campus de Riazor, rúa Almirante Lángara s/n, 15011 A Coruña), e no Edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña). No Centro Universitario de Riazor, trátase de dúas salas cunha capacidade total de 630 postos, que ocupan a totalidade do primeiro andar. No Edificio Xoana Capdevielle, a salas de estudo ten unha capacidade de 654 postos.
En Ferrol, as salas están no Edificio de Apoio ao Estudo, situado no campus de Esteiro (Avenida de Vigo, s/n. Campus de Ferrol - Esteiro, 15403 Ferrol). Contan cunha capacidade de 414 prazas repartidas en dúas salas.