Instrucións para seminarios

As instrucións para a utilización de seminarios son:

  1. A solicitude dos seminarios farase por escrito, segundo o modelo dispoñible na conserxaría do Edificio de Apoio ao Estudo e na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
  2. Poderán facer uso dos seminarios todos/as os/as docentes, bolseiros/as de investigación, estudantes de calquera ciclo e os PAS da Universidade da Coruña, que contaren coa debida autorización por escrito, unha vez recibido o modelo de solicitude e comprobada a dispoñibilidade horaria do seminario.
  3. Se a solicitude a realizaren estudantes da UDC deberán contar coa autorización por escrito do/a director/a do seu centro académico ou do/a director/a do seu departamento. Nesa autorización detallarase a finalidade do uso do seminario e as datas e horarios necesarios para o seu desenvolvemento.
  4. Dentro dos seminarios non se permite fumar nin consumir ningún tipo de alimento ou bebida.
  5. As autorizacións dos usos dos seminarios poden sufrir cambios, de que se informaría oportunamente, en función das necesidades de docencia.
  6. Non está permitido desenvolver actividades que puideren dificultar o traballo doutros usuarios do edificio.
  7. Non está permitido modificar a colocación substancial do mobiliario de non contar coa debida autorización.
    Naquelas actividades que requiran unha modificación puntual do mobiliario é necesario que ao rematar se coloque o mobiliario no lugar inicial onde se atopaba.
  8. Está prohibido subtraer ou danar o material existente.
  9. De observar un mal funcionamento ou unha anomalía de calquera tipo rógase que se poña en contacto coa conserxaría do edificio, ben no tfno.: 881013620 ou a través do correo electrónico: conserxeria.apoio@udc.es

 

Ferrol, 15 de abril de 2004