Instrucións para seminarios
As instrucións para a utilización de seminarios son:
- A solicitude dos seminarios farase por escrito, segundo o modelo dispoñible na conserxaría do Edificio de Apoio ao Estudo e na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
- Poderán facer uso dos seminarios todos/as os/as docentes, bolseiros/as de investigación, estudantes de calquera ciclo e os PAS da Universidade da Coruña, que contaren coa debida autorización por escrito, unha vez recibido o modelo de solicitude e comprobada a dispoñibilidade horaria do seminario.
- Se a solicitude a realizaren estudantes da UDC deberán contar coa autorización por escrito do/a director/a do seu centro académico ou do/a director/a do seu departamento. Nesa autorización detallarase a finalidade do uso do seminario e as datas e horarios necesarios para o seu desenvolvemento.
- Dentro dos seminarios non se permite fumar nin consumir ningún tipo de alimento ou bebida.
- As autorizacións dos usos dos seminarios poden sufrir cambios, de que se informaría oportunamente, en función das necesidades de docencia.
- Non está permitido desenvolver actividades que puideren dificultar o traballo doutros usuarios do edificio.
- Non está permitido modificar a colocación substancial do mobiliario de non contar coa debida autorización.
Naquelas actividades que requiran unha modificación puntual do mobiliario é necesario que ao rematar se coloque o mobiliario no lugar inicial onde se atopaba.
- Está prohibido subtraer ou danar o material existente.
- De observar un mal funcionamento ou unha anomalía de calquera tipo rógase que se poña en contacto coa conserxaría do edificio, ben no tfno.: 881013620 ou a través do correo electrónico: conserxeria.apoio@udc.es
Ferrol, 15 de abril de 2004