Misión e visión

Misión

A misión do Campus Sustentabilidade é consolidar a UDC como un polo de coñecemento de excelencia rexional, nacional e internacional nas áreas de coñecemento vinculadas ao urbanismo e paisaxe, sustentabilidade (ambiental, social e económica) e de vida saudable.

Unha misión aliñada coas prioridades establecidas na comunidade global para os próximos anos e que se concretan nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), tamén coñecidos como Obxectivos Mundiais.

Visión

A través do impulso deste campus de especialización, a UDC pretende lograr unha Universidade máis atractiva desde o punto de vista docente, con títulos académicos vinculados á sustentabilidade que permiten atraer a máis estudantes, cunhas liñas de investigación reforzadas e excelentes grazas ao seu maior e mellor ratio de captación de fondos públicos e privados e cun maior impacto na sociedade e o tecido socioeconómico grazas a converterse nun actor relevante no impulso de iniciativas neste eido de coñecemento.