Defínese a Medicina Baseada na Evidencia (MBE) como o uso consciente, axuizado e explícito da mellor evidencia actual para tomar decisións sobre o coidado do paciente. Para atopar a mellor evidencia cómpre consultar fontes de información específicas. Velaquí unha escolma das principais:
Biblioteca Cochrane Plus
Contén as traducións feitas polo Centro Cochrane Iberoamericano das evidencias publicadas na Cochrane Library. Ten acceso de balde en todo o territorio español pola suscrición feita polo Ministerio de Sanidade. A Biblioteca Cochrane Plus é unha interface que ofrece acceso a bases de datos como "The Cochrane database of systematic reviews" (CDSR), que contén revisións sistemáticas, "The Cochrane central register of controlled trials" (Central), con datos de ensaios clínicos controlados, ou "The NHS Economic Evaluation Database" (NHS EED), con resumos sobre evaluacións económicas en atención sanitaria.
The Cochrane Library
Base de datos de evidencias producida pola The Cochrane Collaboration, unha organización sen ánimo de lucro que promove a toma de decisións en saúde producindo evidencias de alta calidade. O acceso ao texto completo das revisións da base de datos CDSR é de balde 12 meses despóis da súa publicación.
Trip
Metabuscador de fontes de información en Internet. Permite a búsqueda seguindo a metodoloxía PICO (Paciente, Intervención, Comparación, Resultado).
National Guideline Clearinghouse (NGC)
Base de datos de guías de práctica clínica, avaliados pola Agency for Healthcar Research and Quality (AHRQ) del U.S. Department of Health and Human Services.
PubMed Clinical Queries
Sección de PubMed destinada á búsqueda específica en áreas da investigación clínica. Os resultados preséntanse divididos en tres categorías: estudios clínicos, revisións sistemáticas e xenética médica.
JBI COnNECT+ (Clinical Online Network of Evidence for Care and Therapeutics)
Producida polo Instituto Joanna Briggs (JBI), unha organización sen ánimo de lucro, proporciona evidencias en español para a toma de decisión clínica en cuidados. Ten acceso de balde en todo o territorio español pola suscrición feita polo Ministerio de Sanidade.
OTseeker (Occupational Therapy Systematic Evaluation of Evidence)
Producida polo Department of Occupational Therapy da University of Queensland de Australia, contén resumos de revisións sistemáticas e ensaios controlados no campo da terapia ocupacional.
PEDro (Physiotherapy Evidence Database)
Creado polo Centre for Evidence-Based Physiotherapy do George Institute for Global Health de Australia, é unha base de datos en español para a búsqueda de ensaios controlados, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica no campo da fisioterapia.