Bases de datos (WoS, Scopus e IEEE Xplore) e Google Scholar

As bases de datos son o principal recurso documental do investigador e tamén do estudante, o lugar adecuado para realizar búsquedas sistemáticas e exhaustivas que permitan coñecer o estado da cuestión dunha liña de investigación.

Existen moitos tipos de bases de datos, aquelas de carácter interdisciplinar (WoS e Scopus principalmente) ou especializadas (IEEE Xplore), referenciais ou a texto completo, de suscripción ou de acceso libre, etc.

Aquí vos presentamos as bases de datos de suscripción que cremos debedes coñecer e utilizar. Para acceder a calquera de elas tedes que ir a Páxina da biblioteca da UDC > Recursos electrónicos > Bases de datos.

Lembrade que se queredes consultar estes recursos desde fora da UDC, antes de entrar en ningunha delas - e na mesma páxina de "Bases de datos" - premede previamente a "Acceso desde fora do campus".

 

Guías

Se aínda non coñecedes Web of Science, Scopus ou IEEE Xplore, ou queredes votarlles unha ollada polo miudo: que contido ides atopar nelas, como facer as buscas, cal utilizar, etc., podedes ver as nosas guías premendo nas imaxes de abaixo.

Tamén atoparedes un estudo concienzudo sobre Google Scholar, o principal buscador científico en aberto. Unha ferramenta coas súas fortalezas e debilidades que complementa o uso das bases de datos.