Sesións de formación

Curso 2019 / 2020

Ofrecémosvos cursos de formación inicial e cursos específicos dirixidos a estudantes de novo ingreso, avanzados, matriculados no TFG ou no TFM e investigadores.

Formación inicial

  • Uso básico do catálogo
  • Localización da bibliografía recomendada.
  • Normativa de préstamo e ubicación na biblioteca
  • Uso básico do rexistro de usuario
  • Reservar a sala de traballos en grupo
  • Acceso aos recursos desde fóra da universidade

Catálogo da biblioteca

 

  • Deseñar unha estratexia de busca
  • Utilizar os operadores booleanos
  • Filtrado de resultados
  • Funcionalidades do rexistro de usuario
  • Renovación dos préstamos e reservas
  • Arquivo e exportación dos resultados dunha busca

Dialnet

 

  • Rexistro
  • Buscas simples e avanzadas
  • Limitar os resultados
  • Establecer alertas

Scopus, Web of Science e Refworks

  • Deseño de estratexias de busca nas BBDDs
  • Exportación de resultados
  • Importación desde distintas fontes ao xestor bibliográfico
  • Creación de bibliografías e inserción de citas

Traballo Fin de grao (TFG) e Traballo Fin de Máster (TFM)

O traballo fin de grao (TFG) (12 créditos en Socioloxía, 18 créditos en Ciencias da Comunicación) verifica a capacidade do alumno de aplicar os coñecementos obtidos durante os seus anos de estudo.

O traballo fin de Máster (TFM) verifica os coñecementos adquiridos durante a súa formación máis especializada.

Os alumnos que están a realizar o Traballo Fin de Grao (TFG) ou un Traballo Fin de Máster (TFM), teñen necesidades concretas (bases de datos, xestores bibliográficos, procuras de información...) que demandan unha formación máis específica e especializada.

No caso de que teñades algunha outra necesidade de formación máis específica comentalo co persoal da biblioteca.

Persoal docente e investigador e alumnado de doutoramento

Pola súa banda o alumnado de doutoramento e o profesorado necesitan axuda especializada no desenvolvemento do seu labor investigador: revistas con índices de impacto, como e onde publicar, sexenios de investigación, ORCID..., desde a biblioteca, en colaboración coas bibliotecas doutros centros, realízanse periodicamente cursos orientados a proporcionar ao profesorado e aos investigadores os recursos e as habilidades necesarias para optimizar a visibilidade da súa produción científica.

Tamén colaboramos co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) na realización dun Plano de Formación en Competencias Dixitais que o ano pasado concretouse nos cursos de:

  • Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación
  • Cómo buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento