É un código que figura nunha etiqueta no lombo dos documentos que indica onde están colocados exactamente os libros e o resto de materiais da biblioteca.
Na nosa biblioteca o código ou signatura é alfanumérico e case sempre se compón de tres partes, as dúas primeiras das cales reflicten a materia de que trata o documento.
Podes consultar todas as signaturas da biblioteca no Cadro de signaturas e máis o Plano para poder localizalas.
A meirande parte dos documentos que están en acceso directo levan unha signatura construída do seguinte xeito:
• Un código que pode ser alfabético ou alfanumérico que indica a materia do libro.
• Unha letra que indica subdivisión de materia.
• Un número de orde.
Por exemplo:
Nas estanterías da sala atoparás cartelería informativa coas materias e as subdivisións de materia que reflicten os códigos para facilitar a túa orientación no espazo.
* Material anexo: se algún libro ven acompañado de material audiovisual, este leva a mesma signatura, mais non o atoparás na estantería. Tes que nolo solicitar no mostrador de préstamos xa que este tipo de material non está en acceso directo.
Neste caso a signatura consta de:
• Un código que indica o tipo de material de apoio ou referencia e a súa ubicación. Son os seguintes:
Ra. Atlas, 1º andar.
Rd. Dicionarios, 1º andar.
Re. Enciclopedias, 1º andar.
Rd1. Dicionarios, 2º andar.
Re1. Enciclopedias, 2º andar.
• Un número de orde.
Por exemplo:
O materais que se gardan no depósito tes que nolos solicitar e levan:
• O código DSOC, que indica que son fondos ubicados no depósito.
• Un número de orde.
Por exemplo:
Hai que solicitarlo no mostrador. O código da colección de cine leva:
• O código DVD.
• Un destes códigos, según o tipo de material:
ANIM. Se se trata de películas de animación.
CINE. Se se trata de películas.
DOC. Se son documentais.
SERIES. Se son series de televisión.
• Un número de orde.
Por exemplo:
Unha vez localizado o exemplar no Catálogo, debes ter en conta:
No rexisro do documento aparecerá si é Bibliografía Recomendada dalgunha materia e as versión dispoñibles para a súa consulta.
Podes atopar na mesma páxina a ligazón para acceder ao texto completo dos documentos que contan con versión electrónica.
Para localizar os documentos en formato papel, debes fixarte na localización (biblioteca onde se atopa), o número de copias que teñen, e cantas delas están dispoñibles para levar en préstamo.
Tes que entrar coas túas claves para que dende o catálogo poidas ver as condicións de préstamo de cada documento segundo o teu tipo de usuario.
Na biblioteca os libros están ordenados e agrupados pola materia da que trata cada un (Cadro de signaturas).
Os códigos que indican a materia dun libro indican tamén o lugar onde está colocado. Consulta sempre o plano da biblioteca despois de consultar o catálogo para ir por el.
En cada estantería encontrarás os códigos das materias e submaterias e o que significan. Por exemplo, na estantería que ten o código A están os libros de Antropoloxía. Estas materias ou seccións principais subdivídense en submaterias mais específicas. Así, dentro da sección A (Antropoloxía) están :
A Referencia
B Xeneralidades
C Etnografía e etnoloxía
D Antropoloxía cultural
E Antropoloxía social
F Antropoloxía económica e política
En cada estantería hai carteis que indican que materias e submaterias atoparás nelas.
Ordénanse pola signatura (v. Que é a signatura?), que figura na etiqueta do lombo de cada libro.
Primeiro, agrúpanse os libros polo código que indica a materia:
A C 150 |
Logo agrúpanse pola letra que indica subdivisión de materia
A C 150 |
E por último, ordénanse polo número da parte inferior:
A C 1 2 3 4 5 6... |
Os números romanos indican volumes:
A C 298-I |
A C 298-II |
Se dous libros son iguais só se diferencian nunha letra:
A C 267a |
A C 267b |
A C 267c |
A C 267d |
Etiqueta branca/ Letra negra:
Préstamo normal
Etiqueta amarela/ Letra negra
Préstamo 5 días
Etiqueta branca/ Letra vermella
Consulta en sala
Non se poden renovar os libros cando:
• Outra persona os necesita (e fixo unha reserva).
• Os renovas por Internet e o prazo de préstamo xa venceu (aínda que só pasase un día). Se che venceu o prazo, chama á Biblioteca o antes posible.
• Pasaron demasiados días desde que vencera o prazo e tes unha sanción por retrasos na devolución (v. Sancións por retrasos na devolución).
Podes facelo:
• No mostrador de calquera biblioteca da Universidade, mostrando a tarxeta de identificación universitaria. Non é necesario que traias os libros que queres renovar.
• Por teléfono (981 16 70 00, ext. 4815)
• Por Internet , entrando na ligazón Os meus préstamos do teu perfil de Crunia
Tódalas veces que queiras, excepto que :
• Outra persona os necesite (e fixera unha reserva).
• Os vaias a renovar por Internet e o prazo de préstamo xa está vencido (aínda que só pasase un día). Se che venceu o prazo, chama á Biblioteca o antes posible.
• Se pasaron demasiados días desde que vencera o prazo e tes unha sanción por retrasos na devolución.