Na biblioteca buscamos crear un ambiente que propicie a aprendizaxe e a investigación. Para iso propoñémosche que revises a nosa política sobre a realización de fotos/filmación nas nosas instalacións, o acceso con alimentos e bebidas, o uso de teléfonos móbiles e por que non debes subliñar os libros.
Fotos e gravación
Os continuos avances tecnolóxicos propiciaron que cada vez resulte máis sinxelo realizar fotos e vídeos en calquera lugar. Conscientes diso indicámosche as directrices que debes seguir cando necesites realizar fotografías e/ou vídeos nas instalacións da biblioteca.
De maneira xeral se permítese fotografar/gravar calquera das instalacións en acceso público da biblioteca sempre que o material obtido se vaia a utilizar nun traballo de clase, entrevista, visita ou calquera actividade organizada pola UDC.
La Biblioteca non asume ningunha responsabilidade polo uso de fotos e/ou películas que resulten desta actividade.
As persoas que tomen fotografías ou realicen as gravacións están obrigadas a:
• Solicitar permiso ao persoal de la biblioteca a través deste formulario no caso de que teñan previsto que a actividade se prolongue e poida ocasionar molestias a outros usuarios/as que se encuentren nese momento nas instalacións.
• Solicitar permiso aos usuarios/as que se encuentren nese momento nas instalacións evitando capturas de imaxes que poidan identificalos no caso de que estes manifiesten o seu deseo de non ser incluídos en fotos/gravacións.
Alimentos e bebidas
Co obxectivo de crear un ambiente o máis agradable posible e de manter un equilibrio entre a comodidade dos usuarios/as e a protección das coleccións e instalacións, por favor segue as seguintes directrices:
Non se permite comida nas instalacións da biblioteca.
Permítese a agua, café e bebidas refrescantes en recipientes a proba de derramamentos e sempre que non se utilicen cerca do equipamento informático nin das estanterías que conteñen a colección de libros/revistas e que os envases se depositen nos recipientes destinados a iso, nunca nas papeleiras.
O personal da biblioteca poderá requirir o cumprimento destas directrices a calquera usuario/a que non as siga e poderá solicitarlle que abandone a sala no caso de que persista no seu comportamento.
Teléfonos móbiles
Accede ás instalacións da biblioteca co móbil silenciado. No caso de que recibas unha chamada por favor sal da biblioteca para atenderla.
Fumar
Dacordo coa normativa vixente non está permitido fumar en ningunha das instalacións da biblioteca
Decreto 75/2001, de 22 de marzo, sobre a regulamentación da venda e consumo de tabaco. Título III. Artígo 10 e) 2
Tamén podes consultar nesta ligazón a normativa sobre espazos sen fume da Universidade da Coruña – Plan Universidad Libre de Tabaco.
2.1.1. Prohibición expresa de fumar nos siguintes lugares:
2.1.1.1. Facultades, escolas, edificios administrativos e comedores: almacéns, ascensores, aseos, auditorios, aulas, bibliotecas e salas de estudo, cafetarías (unha zona específica) comedores, conserxarías, despachos (cando sexan compartidos por algún non fumador), laboratorios, corredores, reprografía, salas de reunión, secretarías administrativas e académicas.
Non subliñar / non facer anotacións
O subliñado e as anotacións nun libro son algo moi persoal, ademais de que consultar un libro subliñado por outra persoa dificulta a comprensión do texto. Por iso e porque o material da biblioteca é un ben común e é responsabilidade de todos conservalo en perfecto estado, non está permitido subliñar, realizar anotacións, nin arrincar páxinas. Colaboremos entre todos para mantener íntegro o material documental, o mobiliario e as intalacións da biblioteca.
Exemplos elocuentes do que NON se debe facer:
Consulta a normativa neste enlace.