Benvidos/as á web da Biblioteca Intercentros da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación.
O noso obxectivo é ofrecer un servizo público de calidade que sirva de apoio á aprendizaxe e ao labor docente e investigador da universidade. Para iso pomos a disposición dos nosos usuarios/as unha colección especializada, impartimos cursos de formación, xestionamos o acceso a recursos electrónicos e colaboramos en proxectos cuxa finalidade é visibilizar a produción científica dos nosos investigadores e alumnos/as.
O activo máis importante desta biblioteca é o seu persoal que contribúe, na medida das súas posibilidades, a que a UDC sexa unha universidade aberta que se integra na sociedade que a rodea. Así, colaboramos con proxectos que apostan pola formación socio laboral para persoas con discapacidade, organizamos exposicións, xestionamos a presenza da biblioteca en redes sociais ou participamos en programas que dan a coñecer a universidade a futuros estudantes.
No noso afán de mellora contínua animámoste a que nos fagas chegar calquera suxestión/proposta para mellorar esta web ou calquera dos servizos que prestamos.