Espazo Compartido

A nosa biblioteca colabora desde o curso 2013 / 2014 con Espazo Compartidoun programa de formación promovido pola Universidade da Coruña para mellorar as habilidades persoais, sociais e as competencias básicas de rapaces e rapazas con discapacidade e que ten como finalidade fomentar a súa empregabilidade e inclusión no mercado laboral.

Deste xeito, puidemos gozar da colaboración de tres destes rapaces (un deles estivo con nós en dous anos consecutivos) en tarefas bibliotecarias dispares tales como o proceso técnico, colocación do material bibliotecario ou a montaxe e desmotaxe de exposicións. A nosa intención é contribuir á construción dunha autoimaxe positiva do estudantado que participa no programa e axudalos na medida do posible no desenvolvemento da súa autonomía.

Podes estar ao tanto das súas actividades a través das súas redes sociais

facebook1    twitter

Visita o teu campus

Anualmente, entre os meses de febreiro e abril, a nosa biblioteca participa nas actividades de presentación que organiza o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) dirixidas aos futuros estudantes da UDC no Campus da Coruña.