A nosa biblioteca recibe e expón as maquetas que os estudantes de Comunicación Audiovisual realizan para a materia de Deseño de produción (3º curso), impartida pola profesora Victoria de León Sanjuán. Estes traballos, unha vez avaliados, son expostos durante o ano posterior á súa entrega nos corredores da Facultade de Ciencias da Comunicación e son trasladados con posterioridade á nosa biblioteca.
Pasado un tempo eliminamos algunhas das maquetas, ben por falta de espazo ou por deterioro.
Se algún dos autores ou membros do grupo quere conservala só ten que se poñer en contacto connosco a través do correo electrónico biblioteca.socioloxiaecomunicacion@udc.es e informarémoslle se aínda a conservamos.