Os acordos transformativos forman parte dos cambios na Ciencia Aberta para desenvolver a investigación científica. Son contratos entre institucións e editoriais científicas que cambian o modelo de publicación académica co obxetivo de fomentar o Acceso Aberto.
As universidades pagan para que o custo de subscrición das revistas tamén cubra os gastos de procesamento dos artigos (APC) que os autores da institución pagarían normalmente por publicar o seu traballo en acceso aberto. É o que se coñece como Read & Publish ( Ler e publicar)
- Son acordos transitorios, que buscan facilitar o camiño cara un escenario no que a comunicación científica sexa en acceso aberto.
- Deben permitir aos autores reter a propiedade intelectual dos seus textos.
- deben ser transparentes e as súas cláusulas han de facerse públicas.
- Deben ser neutrales en relación cos custos, para evitar o doble pago y deter o incremento do gasto das subscricións.
Editoriais:
ACS
Cambridge University Press
Elsevier
IEEE
Oxford University Press
RSC
Springer
Wiley
Máis información
1. Requisitos para solicitar o pago das APC:
- Ser membro da UDC.
- Empregar o correo institucional da universidade:
- Ser autor/a de correspondencia da publicación obxecto de financiamento.
- Os documentos aceptados son aqueles recoñecibles como items citables polo JCR:
- artigos de investigación
- artigos de revisión
- actas de conferencias, en determinados casos
2. Compromisos por parte dos/as autores/as:
- As publicacións contarán cunha sinatura coa afiliación e correo electrónico da universidade, segundo a normativa oficial aprobada pola UDC.
- Incluirán unha mención á financiación recibida.
- Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".
- As publicacións depositaranse no repositorio institucional RUC.
3. Outras estipulacións
- Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
- En caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens ou o orzamento das APC dispoñibles.
- O Servizo de biblioteca confirmará a aceptación do cargo da APC. Neste sentido, enviará unha carta ás persoas interesadas se se acepta a súa solicitude.
Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.