Programa (provisional)

Seguindo o modelo das edicións anteriores da Escola de Doutoramento, haberá dous tipos de sesións,

  1. Talleres prácticos, dirixidos a todo o alumnado, sobre metodoloxías de investigación, impartido por doutoras ou doutores da área.
  2. Sesións de intercambio, organizadas en pequenos grupos (4 ou 5 participantes e 2 supervisoras ou supervisores, que serán seleccionados de entre os directores e directoras das teses dos participantes admitidos). Cada participante disporá de 30-40 minutos para presentar o seu traballo, que será discutido no grupo.
  3. Aprendizaxe compartida (learning by sharing), os doutorandos comunicaran á organización da IV Escola de Doutoramento o coñecemento dalgunha ferramenta para a investigación a nivel usuario (Mendeley, Atlas.Ti, N-Vivo, SPSS, AMOS, etc.) que poidan ser de utilidade ao resto dos-as doutorandos.

O éxito destas sesións depende da implicación de todos, polo que cada participante debe: a) preparar a súa proposta (no seu caso revisada) en word e unha presentación en powerpoint; b) analizar as aportacións do resto de compoñentes do grupo e preparar polo menos dúas preguntas para dinamizar a discusión (os traballos de cada grupo serán enviados con anterioridade tanto aos supervisores como aos estudantes de doutoramento participantes).