Territorios narrados
- Investigacións sobre a relación entre cultura e territorio con atención á función atribuída á cultura como forma de expresión e motor de desenvolvemento: políticas culturais, industrias creativas e culturais, gobernanza das institucións culturais, etc
- Investigacións sobre os campos cultural e artístico (especialmente musical e literario) e os procesos sociais e político-ideolóxicos relacionados con eles.
- Estudo dos discursos públicos (literarios, xornalísticos, institucionais, ...) e os seus impactos na comunidade e o territorio.
- Estudo documental e estatístico da emigración e a historia patrimonial.
- Estudo da relación entre o Sistema Cultural Galego e os intersistemas culturais lusófono e hispanófono.
- Análise e cartografía de lugares de memoria.
- Investigacións sobre territorios representados e/ou imaxinados.