Con antelación á data límite de presentación do traballo:
1. O/A director/a do traballo deberá realizar un informe favorable sobre o traballo a través da Secretaría Virtual do PDI.
2. Unha vez incorporado ese informe ao sistema de xestión, o/a estudante solicitará a inscrición a través da Secretaría Virtual do estudantado e anexará o TFG como PDF xunto á solicitude. Non será necesaria a entrega de exemplares impresos.
3. O/A director/a deberá encher e entregar na administración do centro o Anexo 3. Proposta de valoración da dirección do traballo.
— MODELO CON INSTRUCIÓNS do Anexo 3. Proposta de valoración da dirección
— Anexo 3. Proposta de valoración da dirección. INSTRUCIÓNS PARA ENCHELO FACENDO OS CÁLCULOS A MAN