Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Covid-19 · Comunicación de casos

 

Deberá comunicar a súa situación

  1. Quen presente síntomas compatibles coa covid-19.
  2. Quen estea diagnosticado da enfermidade e non finalizase o período de illamento.
  3. Quen estea en corentena domiciliaria por contacto estreito cunha persoa con síntomas ou diagnosticada.
  4. Quen estivese no mesmo lugar que un caso con síntomas de infección respiratoria aguda ou un caso confirmado de covid-19 cando esa persoa presentaba síntomas e nunha das seguintes situacións:

- Nun espazo pechado, independentemente da distancia, durante máis de 15 minutos.
- A unha distancia menor de 2 metros, en espazo aberto, durante máis de 15 minutos.


A comunicación realizarase aos seguintes correos electrónicos:

info.covid@udc.gal 
decanato.filoloxia@udc.gal   (decanato da facultade)


No caso de PDI e PAS, comunicarase ademais ao/a inmediato/a superior e preencherase a solicitude de ausencia no Portal do persoal.

Tamén deberá contactarse urxentemente co/a médico de cabeceira ou co 881 540 045 e seguir as instrucións das autoridades sanitarias.