Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Linguaxes e sistemas informáticos e profesora da Facultade de Filoloxía, recolleu o pasado 5 de novembro en Madrid o Premio Nacional de Informática «Ángela Ruiz Robles» que organiza a Sociedad Científica Informática de España e a Fundación BBVA.
O xurado do premio decidiu outorgar este premio á profesora Rodríguez Brisaboa «polos seus traballos de investigación e innovación relacionados coa Xestión de Datos, así como polas súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación con empresas e institucións públicas, así como a creación de empresas de base tecnolóxica”.
A Facultade de Filoloxía hónrase de contar entres os seus docentes a esta investigadora, que xunto ao equipo que lidera ten desenvolvida parte da súa labor en proxectos vinculados con este centro, como a Biblioteca Virtual Galega ou traballos no ámbito da emblemática ou a lexicografía.
