memoria 2012
— 192 —
Convocouse a IX edición do Premio Luísa Villalta
a Iniciativas Normalizadoras en colaboración coas
outras universidades galegas, con dúas modalidades
de participación. A gañadora do Premio na modali-
dade de Deseño dunha campaña de promoción da
lingua galega foi Rocío Toxo Asorei, estudante da
Universidade de Santiago de Compostela, co tra-
ballo titulado “O galego, un mundo por descubrir”.
Canto á modalidade de Idea para a promoción do
galego, o xurado concedeulle este premio ao traba-
llo presentado baixo o lema “A túa lingua é”, do que
foi autora Nuria Freire González, alumna da Universi-
dade da Coruña.
En xullo tivo lugar no Fórum Carballo o VIII Curso de
Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en
Lingua, Dinamización Lingüística e Xustiza Social, en
que se combinaron sesións teóricas e sesións prácti-
cas, formativas, de análise e de traballo conxunto. Por
outra banda, a IX edición das Xornadas sobre Lingua e
Usos, dedicada este ano ao tema Lingua e Tradución,
desenvolveuse no salón de graos da Facultade de
Filoloxía. Estas xornadas tiveron unha grande afluen-
cia de asistentes, recuperando cifras doutros anos e
conseguiron implicar o alumnado e o profesorado da
facultade onde se desenvolveron nesta ocasión, con
debates de grande interense e forte repercusión nas
redes sociais.
tade de Ciencias do Traballo. Canto á páxina web do
servizo, esta recibiu ao longo de 2012 cerca de 8.000
visitas, o que supuxo un total de 10.732 páxinas vistas.
Por último o servizo editou as actas das VIII Xornadas
sobre Lingua e Usos, Lingua e Ecoloxía e fixo a revisión
lingüística e terminolóxica do volume Anuario da Facul-
Teses de doutoramento
1
Traballos de fin de mestrado
41
Traballos de fin de grao
9
Proxectos de fin de carreira
19
Cadro 222
Axudas a traballos de investigación en lingua galega en 2012
1...,184,185,186,187,188,189,190,191,192,193 195,196,197,198