12
Secretaría Xeral
— 191 —
por parte do colectivo docente. De feito, a realización
dun curso de lingua galega en liña tivo un éxito ines-
perado entre o colectivo docente, con máis de 100
persoas matriculadas.
Canto ao alumnado, o asesoramento lingüístico re-
quirido adoita estar vinculado á revisión dos seus
traballos de investigación, canalizados a través das
axudas previstas para a súa redacción e defensa en
lingua galega.
Once centros desenvolveron accións de promoción
do galego coa avaliación da Comisión de Seguimento
do Plano de normalización lingüística da Universidade
da Coruña: Facultade de Ciencias da Comunicación,
Facultade de Socioloxía, Facultade de Ciencias da
Educación, Facultade de Ciencias do Traballo, Facul-
tade de Economía e Empresa, ETS de Arquitectura,
Escola Politécnica Superior, Escola Universitaria Poli-
técnica, Facultade de Filoloxía, Facultade de Dereito
e Escola Universitaria de Turismo.
Normalización lingüística
Ao longo do ano fíxose unha segunda edición da
campaña “En galego tamén se fai ciencia”, de xei-
to coordinado coas universidades de Santiago e de
Vigo. Xunto coas propostas de tradución de ma-
nuais para o alumnado de primeiro curso e outras
iniciativas, decidiuse encargar un traballo de inves-
tigación para coñecer a repercusión, a respecto do
uso do galego na actividade docente, da valoración
do emprego do galego na investigación por parte
das diferentes administracións, tanto galegas como
estatais, co obxectivo de lles facer chegar unha
proposta de mudanza e de maior recoñecemento
obxectivo da utilización da lingua propia no ámbito
universitario.
O Servizo de Normalización Lingüística corrixiu preto
de catro mil páxinas e traduciu preto de mil cincocen-
tas, cifras son similares ás do ano 2011 (aumentou a
tradución e diminuíu a corrección). Mantense a liña
de favorecer o incremento da correción e o asesora-
mento e a diminución da necesidade de traducións
2009
2010
2011
2012
Páxinas corrixidas
4.536
4.010
4.515
3.913
Páxinas traducidas
1.779
1.624
1.177
1.462
Cadro 220
Asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística
Destinatarios
Curso
Asistentes
PAS – A Coruña
Linguaxe Administrativa de Nivel Superior
14
PAS – Ferrol
Linguaxe Administrativa de Nivel Medio
16
PAS - en liña
Lingua Galega Hoxe
46
PDI - en liña
Lingua Galega Hoxe
101
Cadro 221
Asistencia a cursos de lingua galega en 2012