A Universidade ten unha estrutura de goberno complexa, pero moi participativa de toda a comunidade universitaria: profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
Na UDC damos un peso moi importante á participación do estudantado nos órganos de goberno: Claustro, Consello de Goberno, xuntas de facultade e escola, consellos de departamento etc. Por iso queremos que te impliques e nos axudes a facer unha universidade mellor.
Se tes algunha idea, proposta ou debate para mellorar a universidade, envíanolas a través do portal de participación.
Asociacionismo universitario. A UDC conta con varias asociacións promovidas polo alumnado. Podes sumarte a algunha ou crear unha nova. Ademais, nos centros hai delegacións de estudantes coas que podes contactar se tes algunha inquedanza ou proposta que expoñer.