O programa UDC Conecta é unha iniciativa da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia articulada a través da nosa Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC), que persegue impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións.

Con este fin, a UDC busca establecer sinerxías cooperativas coa sociedade, fidelizando as relacións xa existentes e creando novas colaboracións a través de contratos de prestación de servizos (contratos art.60), cátedras universitarias, proxectos colaborativos, licenzas de explotación, doutoramentos industriais, etc.

O programa UDC Conecta pretende ser unha iniciativa de acompañamento integral, dinámico e permanente co tecido produtivo, que incluirá sesións informativas de interese, reunións sectoriais, xornadas de portas abertas, información e apoio para concorrer a convocatorias público-privadas, etc.

Que permite UDC Conecta?

É un portal único para acceder a:

  • Expertos por temáticas
  • Servizos tecnolóxicos avanzados
  • Tecnoloxías dispoñibles para licenciar
  • Proxectos conxuntos de I+D+i.
  • Información sobre oportunidades de financiamento
  • Acceso a xornadas e espazos de encontro con grupos de investigación e outras empresas)

Eventos UDC Conecta

  1. ACLUNAGA, Clúster Naval de Galicia - Vicente Díaz Casás - vicente.diaz.casas@udc.es
  2. AGEINCO, Asociación Clúster de Empresas de Ingeniería - José Anta - jose.anta@udc.es
  3. BIOGA, Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia - Eliana Cárdenas - calidade.cica@udc.gal  
  4. CLUSAGA, Clúster Alimentario de Galicia - Antonio García - antonio.garcia.lorenzo@udc.es
  5. CSG, Clúster Saúde de Galicia - Susana Ladra González - susana.ladra@udc.es
  6. COINTEGA, Clúster Textil de Galicia - Manuel Escourido Calvo - manuel.escourido@udc.es
  7. GALICIA CONSTRÚE, Clúster da Construcción - Fundación Galicia Constrúe - Fernando Martínez Abella - martinez.abella@udc.es
  8. LOXÍSTICA, Clúster da Función Loxística - Alfonso Orro Arcay - alfonso.orro@udc.es
  9. VIRATEC, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular - Javier López Rivadulla - javier.rivadulla@udc.es; Fernando de Llano Paz - fernando.de.llano.paz@udc.es

 

 

 

Enquisa. Axúdanos a coñecer as túas necesidades

En UDC Conecta queremos que as empresas e entidades coñezan como a Universidade da Coruña pode apoiar os seus retos de innovación e transferencia de coñecemento. Para iso, precisamos tamén coñecer cales son as súas necesidades e intereses de colaboración.

Agradecemos que cubras esta breve enquisa, que nos permitirá identificar ámbitos de interese comúns e explorar posibles formas de colaboración entre a UDC e o tecido empresarial e institucional.