O programa UDC Conecta é unha iniciativa da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia articulada a través da nosa Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC), que persegue impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións.

Con este fin, a UDC busca establecer sinerxías cooperativas coa sociedade, fidelizando as relacións xa existentes e creando novas colaboracións a través de contratos de prestación de servizos (contratos art.60), cátedras universitarias, proxectos colaborativos, licenzas de explotación, doutoramentos industriais, etc.

O programa UDC Conecta pretende ser unha iniciativa de acompañamento integral, dinámico e permanente co tecido produtivo, que incluirá sesións informativas de interese, reunións sectoriais, xornadas de portas abertas, información e apoio para concorrer a convocatorias público-privadas, etc.

Que permite UDC Conecta?

É un portal único para acceder a:

  • Expertos por temáticas
  • Servizos tecnolóxicos avanzados
  • Tecnoloxías dispoñibles para licenciar
  • Proxectos conxuntos de I+D+i.
  • Información sobre oportunidades de financiamento
  • Acceso a xornadas e espazos de encontro con grupos de investigación e outras empresas)

Enquisa. Axúdanos a coñecer as túas necesidades

En UDC Conecta queremos que as empresas e entidades coñezan como a Universidade da Coruña pode apoiar os seus retos de innovación e transferencia de coñecemento. Para iso, precisamos tamén coñecer cales son as súas necesidades e intereses de colaboración.

Agradecemos que cubras esta breve enquisa, que nos permitirá identificar ámbitos de interese comúns e explorar posibles formas de colaboración entre a UDC e o tecido empresarial e institucional.

Xornada de presentación da iniciativa

Xornada Universidade-Empresa. Presentación da iniciativa UDC Conecta

O 22 de maio presentamos UDC Conecta no Paraninfo da Reitoría da UDC.

Podes ler a nova aquí.

E podes acceder a todas as fotos do evento (acto e photocall) nesta galería de imaxes.

Eventos UDC Conecta

Xornada sobre Intelixencia Artificial

16 de junio de 2025 9:45

9:45 | Cidade das TIC - Hall do Edificio CSA

Publicado por: OTC

Visitas aos centros de investigación e ao Servizo de Apoio á Investigación da UDC

10 de junio de 2025 9:30

9:30 h | Centros de investigación e Servizo de Apoio á Investigación da UDC

Publicado por: Oficina de Transferencia de Coñecemento

Xornada Universidade-Empresa

22 de mayo de 2025 9:30

9:30 h | Paraninfo da Reitoría da UDC (A Coruña)

Publicado por: Oficina de Transferencia de Coñecemento