CURSOS DE VERÁN 2019

VI CURSO DE VERÁN "RETOS DO TURISMO EN GALICIA: DIXITALIZACIÓN, SUSTENTABILIDADE E CALIDADE

17, 18 e 19 de xuño 

PROGRAMA

CARTEL

Prazo de matrícula: do 21 de maio ata o 13 de xuño

Prazas limitadas

Horas de duración: 20

Lugar de realización:

Teatro Coliseo Noela - Concello de Noia

Recoñecemento académico.

Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)

Perfil preferente do alumnado: alumnado ou titulados e graduados en turismo, titulados ou graduados en Administración de Empresas, Economía, Xeografía e Socioloxía entre outros. Profesionais de turismo tanto dende o punto de vista da planificación e xestión de destinos, como das empresas relacionadas coas actividades turísticas (Investigación do mercado turístico, asesoramento e servizos de consultoria, axencias de viaxes, empresas de intermediación, etc..)

Coordinación:

Dirección: Iria Caamaño Franco
Secretaría: María José Andrade Suárez

Entidades colaboradoras:

  • Concello de Noia
  • Grupo de Estudos Territoriais da UDC (GET)
  • Xunta de Galicia: Programa para a Consolidació e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas do Sistema Universitario de Galicia.
  • PROTURGA. Asociación de profesionais do Turismo en Galicia.

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade, estudos de Formación Profesional, pensionistas, persoas desempregradas e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Facultade de Socioloxía

Campus de Elviña s/n

iria.caamano@udc.es

Tel. 981167000 Ext. 4909

Resumo do curso:

Galicia está a crecer como destino e cada ano recibe máis visitantes. O xeodestino Muros-Noia atópase nun grao de desenvolvemento turístico en crecemento polo que é necesario que os profesionais se sigan a formar para que aprendan a planificar os nosos recursos e servizos de maneira que se creen para produtos turísticos atractivos e que, simultaneamente, repercutan no desenvolvemento socioeconómico sostible do territorio. Para este fin, ofrécese un programa formativo en que se analiza a transformación que está a sufrir o sistema turístico no contexto actual, así como as tendencias, oportunidades, retos e dificultades ás cales se enfronta este sector.

Pautas de matrícula

Matrícula