Presentación

O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou una crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para dar resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois do seu egreso. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da universidade, senón tamén a nivel de cada una das titulacións. Como novidade, e co fin de profundar no compromiso do Observatorio por xerar datos útiles, o estudo deste ano incorpora, xunto co estudo tradicional a nivel da UDC, un estudo detallado para cada unha das titulacións.

Desde o Observatorio Ocupacional esperamos que o informe xeral (que pódese consultar aquí), así como os informes particulares das titulacións, acheguen informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Aos estudantes e futuros estudantes, os datos que aquí se presentan poderían axudalos/as a tomaren decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e departamentos e, en xeral, a todos os organismos unipersonais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.

Introdución

Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral dos egresados do Grao en Enfermaría da UDC que finalizaron os seus estudos no curso 2020-21. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a mellorar a empregabilidade de nosos egresados. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:

  1. Coñecer o nivel de inserción laboral do alumnado egresado.
  2. Analizar algunhas características do emprego dese alumnado como, por exemplo, as formas contractuais, os tipos de xornada, os niveis de remuneración, a adecuación do posto á cualificación etc.
  3. Observar a mobilidade xeográfica do alumando egresado.
  4. Captar o nivel xeral de satisfacción co emprego obtido.

Metodoloxía e ficha técnica

O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas. En relación co cuestionario do informe da cohorte anterior, tratouse de minimizar os cambios co fin de asegurar a futura elaboración de análise de tendencias. Os cambios fundamentais foron: a) A eliminación dalgunhas opcións de resposta que achegaban informacións innecesarias e das opcións de resposta aberta na categoría “Outros”. b) A incorporación dunha pregunta sobre satisfacción co traballo.

A poboación obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2020-21. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa de finalización dos estudos.

O universo está composto por 2864 alumnos/as da UDC (2257 de grao e 607 de máster). Con todo, no canto de calcular un tamaño da mostra para este universo, determinouse una mostra obxectivo para cada titulación que, cun nivel de confianza do 95 %, permitise realizar estimacións cunha marxe de erro do 3 %. A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:

\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]

Onde N é o total de egresados da titulación durante o curso 20/21, p=0.5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1.96), e o valor de e o correspondente á marxe de erro do 3 % (0.03). O sumatorio das mostras de cada titulación xeraba una n obxectivo para o conxunto da UDC de 2706 (2108 de grao e 598 de máster). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 2467 (1954 de grao e 513 de máster). Ao se calcularen as mostras co obxectivo de obter representatividade a nivel de titulación, o seu sumatorio xerou una mostra total da UDC moi ampla que, a nivel de confianza do 95 %, nos permite realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 0,81 % e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1,7 %

Na seguinte táboa pode observarse o universo dos egresados de grao, a mostra finalmente obtida en cada una das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.

Táboa 1: Universo, mostra e marxe de erro dos másters
Estudo Universo Mostra Marxe de erro
Dobre Grao en Arquitectura Técnica e Ciencias Empresariais 1 1 0.0%
Dobre Grao en Ciencias Empresariais e Turismo 12 10 13.2%
Dobre Grao en Dereito e Administración e Dirección de Empresas 48 44 4.3%
Dobre Grao en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica 4 4 0.0%
Dobre Grao en Español e Galego e Portugués 3 3 0.0%
Dobre Grao en Español e Inglés 12 12 0.0%
Dobre Grao en Galego e Portugués e Inglés 6 5 19.6%
Dobre Grao en Química e Bioloxía 11 9 14.6%
Grao en Administración e Dirección de Empresas 116 100 3.7%
Grao en Arquitectura Técnica 33 30 5.5%
Grao en Bioloxía 69 57 5.5%
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 139 118 3.5%
Grao en Ciencias Empresariais 71 57 5.8%
Grao en Comunicación Audiovisual 51 45 5.1%
Grao en Dereito 144 108 4.7%
Grao en Economía 55 46 5.9%
Grao en Educación Infantil 130 111 3.6%
Grao en Educación Primaria 132 121 2.6%
Grao en Educación Social 81 70 4.3%
Grao en Enfermaría 119 111 2.4%
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto 97 87 3.4%
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas 28 24 7.7%
Grao en Enxeñaría Eléctrica 21 18 8.9%
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática 26 25 3.9%
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 23 21 6.4%
Grao en Enxeñaría Informática 161 149 2.2%
Grao en Enxeñaría Mecánica 20 19 5.2%
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 9 8 12.3%
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 6 6 0.0%
Grao en Estudos de Arquitectura 98 91 2.8%
Grao en Fisioterapia 65 50 6.7%
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 5 5 0.0%
Grao en Humanidades 4 3 32.7%
Grao en Información e Documentación 1 1 0.0%
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 33 28 7.3%
Grao en Logopedia 55 43 7.0%
Grao en Náutica e Transporte Marítimo 30 22 11.0%
Grao en Podoloxía 36 35 2.8%
Grao en Química 31 29 4.7%
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 85 68 5.3%
Grao en Socioloxía 69 59 4.9%
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 25 23 5.9%
Grao en Tecnoloxías Mariñas 24 21 7.7%
Grao en Terapia Ocupacional 38 33 6.3%
Grao en Turismo 30 24 9.1%

O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 13 e o 28 de xullo de 2022 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas IDEARA S.L. O tratamento dos datos de contacto de egresados regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento. Tal como pode verse na Táboa 1, do total de 45 titulacións de grao, 10 tiveron mostras inferiores a 10 egresados, polo que, insistimos, para elas non se elaborou informe de titulación ningún.

No proceso de preparación dos datos para a súa análise tomáronse as seguintes decisións:

  • En relación cos estudantes de dobre grao ou programas de simultaneidade, resulta imposible atribuír os seus niveis de inserción laboral, mobilidade, satisfacción etc., a unha ou outra titulación, de maneira que, nos informes de titulación, se optou por considerar estes dobres graos ou programas de simultaneidade como unha titulación en si mesma. Os/as estudantes do Programa de Simultaneidade de ADE e Dereito, por exemplo, non computan nin como estudantes de ADE nin como de Dereito, senón como estudantes da titulación “Dobre Grao en ADE e Dereito” (óptase pola expresión “dobre grao” para referirnos indistintamente a dobres graos e a programas de simultaneidade).
  • Aínda que son poucos casos, hai algúns alumnos que no curso 2020-21 finalizaron estudos de grao e de máster. Estes casos computan na análise como egresados do título superior.

Indicadores de inserción laboral

Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos titulados do Grao en Enfermaría. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos o conxunto de egresados que, no momento de realización da entrevista, declaran ter un emprego por conta propia ou allea ou, de non facelo, declaran estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos, por tanto, aqueles egresados que, no momento de realización da entrevista, non tiñan emprego nin o buscaban activamente. Considéranse ocupados aqueles que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados son aqueles que declararon na enquisa non ter, pero están a buscar activamente, un emprego.

Podemos estimar a inserción laboral dos egresados, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:

  1. A taxa de actividade. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados activos e o total de egresados enquisados.
  2. A taxa de emprego. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados ocupados e o total de egresados enquisados.
  3. A taxa de paro. Defínese como o cociente entre o total de egresados enquisados en paro e o total de egresados enquisados activos.

Para facilitar a interpretación dos datos:

  1. Compáranse os resultados cos obtidos para o conxunto de egresados de grao da UDC e para o conxunto dos egresados da mesma rama de coñecemento á que pertence o grao, é dicir, Ciencias da Saúde.
  2. Preséntanse sempre os datos desagregados por sexo.
  3. Incorpóranse os intervalos de confianza para a proporción estimada, tendo en conta o tamaño da mostra obtida. Estes intervalos calcúlanse coa fórmula habitual e aplicando o factor de corrección de poboacións finitas:

\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]

Figura 1: Taxas de actividade, emprego e paro do Grao en Enfermaría

Taxas de actividade, emprego e paro do Grao en Enfermaría

Características do emprego

Relación entre ocupación e estudos

Distribución nos grandes grupos ocupacionais

Co obxectivo de analizar as ocupacións dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación desempeñada no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:

1 - Directores e xerentes
2 - Profesionais científicos e intelectuais
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio
4 - Persoal de apoio administrativo
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores
9 - Ocupacións elementais
0 - Ocupacións militares

A continuación, pode observarse a distribución dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría nestes grandes grupos ocupacionais.

Figura 2: Distribución dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría nos grandes grupos ocupacionais

Distribución dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría nos grandes grupos ocupacionais

Adecuación profesional da ocupación

A CNO-11 herda da clasificación internacional CIUO-08 (Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións) unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, distinguindo entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.

Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.

As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación requirido, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.

As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel requírense competencias como a comprensión lectora ou a redacción de informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.

As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades requiridas xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período de 1 a 3 anos.

Finalmente, as ocupacións do nivel de competencia 4 poden requirir o desempeño de tarefas que requiran a toma de decisións e a resolución de problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. As tarefas xeralmente inclúen análises e investigación, transmisión de coñecemento, deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras a finalización do nivel superior de educación e a obtención dun diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.

Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos e que, en xeral, requiren un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional dos egresados mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:

\[ CocAdec = \frac {\text{Egresados ocupados nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de egresados ocupados}} \]

Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para os egresados do Grao en Enfermaría son os seguintes:

Figura 3: Cociente de adecuación da ocupación - Egresados ocupados do Grao en Enfermaría

Cociente de adecuación da ocupación - Egresados ocupados do Grao en Enfermaría

Autoemprego

Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC, que emprega datos do Proxecto GUESSS, observouse que o 11.2 % dos estudantes da UDC tiñan intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse o estudo aquí). Resulta interesante comparar esas intencións coa realidade dos egresados un ano despois da data do seu egreso. Na seguinte figura preséntase a proporción egresados de grao ocupados que están autoempregados.

Figura 4: Proporción de ocupados por conta propia entre os ocupados do Grao en Enfermaría

Proporción de ocupados por conta propia entre os ocupados do Grao en Enfermaría

Ocupación no sector público

Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa Administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Grao en Enfermaría a ese fortalecemento do sector público, formando profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.

Figura 5: Proporción de empregados públicos entre os ocupados do Grao en Enfermaría

Proporción de empregados públicos entre os ocupados do Grao en Enfermaría

Estabilidade laboral no sector privado

Una das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual dos ocupados. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade aos titulados do Grao en Enfermaría, presentamos na seguinte figura as proporcións de traballadores con contratos indefinidos e temporais entre os egresados de grao que están ocupados e traballan con por conta allea no sector privado.

Figura 6: Tipo de contrato dos ocupados do Grao en Enfermaría que traballan por conta allea no sector privado

Tipo de contrato dos ocupados do Grao en Enfermaría  que traballan por conta allea no sector privado

Xornada laboral dos ocupados por conta allea

Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral dos egresados ocupados por conta allea do Grao en Enfermaría, distinguindo entre aqueles que están en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e aqueloutros que están en empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).

Figura 7: Ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial do Grao en Enfermaría

Ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial do Grao en Enfermaría

Mobilidade

A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xerar e reter talento é fundamental e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñaren o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador de éxito da institución.

Para valorar os datos relativos á mobilidade dos egresados do Grao en Enfermaría e, en xeral, da UDC, é necesario considerar que o contexto xerado pola pandemia pode reducir substancialmente a posibilidade de mobilidade laboral.

Figura 8: Mobilidade dos ocupados do Grao en Enfermaría

Mobilidade dos ocupados do Grao en Enfermaría

Ingresos

As remuneracións obtidas son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, expúxose na enquisa una pregunta aos ocupados sobre as ganancias netas mensuais que obtiñan. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:

  1. Menos de 500€
  2. Entre 500 e 1000€
  3. Entre 1001 e 1500€
  4. Entre 1501 e 2000€
  5. Entre 2001 e 2500€
  6. Entre 2501 e 3000€
  7. Entre 3001 e 3500€
  8. Máis de 3500€

Figura 9: Ingresos dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría

Ingresos dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría


Como era de esperar, un ano despois da data de egreso, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre egresados do Grao en Enfermaría e egresados da súa rama de coñecemento.

Satisfacción laboral

Por último, e como novidade do cuestionario elaborado para este informe, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral dos ocupados, nunha escala de 0 a 10.

O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas dadas polos egresados ocupados do Grao en Enfermaría á devandita pregunta. O “violín plot” permítenos estudar a densidade das respostas e o “boxplot” que se inclúe no interior, a distribución dos cuartís. A liña descontinua indica a media da distribución, o que nos permite observar, por exemplo, que os titulados de grao da UDC puntúan cunha media lixeiramente superior a 8, nunha escala 0-10, o seu nivel de satisfacción co emprego.

Figura 10: Satisfacción co emprego dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría

Satisfacción co emprego dos egresados ocupados do Grao en Enfermaría

Anexo

Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas dadas polos egresados do Grao en Enfermaría ás preguntas do cuestionario.

Táboa 2: Cal é a túa situación laboral actual?
Homes Mulleres Total
Estou a traballar 12 99 111
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 0 0 0
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 0 0 0
Sum 12 99 111
Táboa 3: Cal é o motivo polo que non buscas traballo?
Homes Mulleres Total
Estou a preparar oposicións 0 0 0
Estou a realizar outros estudos 0 0 0
Outros motivos 0 0 0
Sum 0 0 0
Táboa 4: Traballas por conta allea a tempo completo, a tempo parcial, ou es un/ha traballador/a autónomo/a ou empresario/a?
Homes Mulleres Total
Traballo por conta allea a tempo completo 12 88 100
Traballo por conta allea a tempo parcial 0 11 11
Son autónomo/a ou empresario/a 0 0 0
Sum 12 99 111
Táboa 5: E traballas a tempo parcial porque é o que queres ou porque non atopaches un traballo a tempo completo?
Homes Mulleres Total
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 0 9 9
Porque non atopo un emprego a tempo completo 0 0 0
Outras situacións 0 2 2
Sum 0 11 11
Táboa 6: Traballas na Administración Pública, como funcionario/a de carreira, interino/a ou en calquera outra situación laboral?
Homes Mulleres Total
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 0 1 1
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 2 4 6
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 5 5
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 9 75 84
Non, non traballo como empregado público 1 14 15
Sum 12 99 111
Táboa 7: E o teu contrato é:
Homes Mulleres Total
Temporal 0 4 4
Indefinido 1 10 11
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Sum 1 14 15
Táboa 8: E es autónomo/a ou empresario/a porque queres ou porque non atopaches un traballo por conta allea?
Homes Mulleres Total
Porque é o que quero 0 0 0
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Sum 0 0 0
Táboa 9: Poderías dicirme cal é a túa ocupación?
Homes Mulleres Total
1 - Directores e xerentes 0 0 0
2 - Profesionais científicos e intelectuais 12 99 111
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 0 0 0
4 - Persoal de apoio administrativo 0 0 0
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 0 0 0
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 0 0 0
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
Sum 12 99 111
Táboa 10: Onde estás a desenvolver a túa actividade laboral actual?
Homes Mulleres Total
Na provincia da Coruña 8 75 83
En Galicia, pero non na Coruña 0 7 7
No resto de España 3 16 19
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 1 1 2
Sum 12 99 111
Táboa 11: Poderías valorar, nunha escala de 0 a 10, a túa satisfacción global co traballo que realizas?
Homes Mulleres Total
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 0 0 0
5 0 4 4
6 0 10 10
7 4 20 24
8 2 37 39
9 2 15 17
10 4 13 17
Sum 12 99 111
Táboa 12: Podería dicirme canto diñeiro gañas máis ou menos ao mes (en euros, neto, tras descontos)?
Homes Mulleres Total
Menos de 500 0 0 0
Entre 500 e 1000 0 10 10
Entre 1001 e 1500 1 13 14
Entre 1501 e 2000 8 53 61
Entre 2001 e 2500 2 19 21
Entre 2501 e 3000 0 4 4
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 1 0 1
Sum 12 99 111