A xornada celébrase no Salón de actos Concepción Arenal do campus de Esteiro o martes 10 de outubro entre as 9.30 e as 13.30 h, e nela haberá unha ampla participacion, tanto de persoal técnico das entidades de acción voluntaria (EAV) como do propio voluntariado.
A inauguración institucional contará coa presenza da Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social María Jesús Movilla Fernández. Por outra parte, a técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Vanessa Míguez Martín, intervirá xunto a persoal técnico doutras EAV.
A apertura de portas para entrega de documentación será ás 9.15 h.
De balde, é necesaria facer inscrición previa.


Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado