A XVII edición do curso de verán centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua a través das redes sociais e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos derivados do binomio sociedade e tecnoloxías. Como todos os anos, esta edición tamén se alecerza no uso e na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. máis adecuados para tal propósito.
Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, nomeadamente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, intérpretes, tradutoras/es etc.
16 e 17 de xullo, no Pazo da Cultura
Prazo de matrícula aberto ata o 14 de xullo.
Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística