Préstamo de portátiles

23/04/18 8:49

  • Institucional

Actualización e mantenemento

Durante o mes de abril a Biblioteca Universitaria de Oza levou a cabo as tarefas de actualización e mantenemento dos dispositivos portáiles que forman parte do servizo de préstamo. Nesta ocasión, engadiuse unha nova aplicación, o Escritorio Virtual VDI, que permite acceder aos programas e aplicacións que están na AulaNet do Edificio Universitario de Oza. Deste xeito, a través do Escritorio vitual pódese utilizar o programa estatístico SPSS ou enviar documentos para imprimir ao servidor da AulaNet.

Publicado por: Biblioteca de Oza