O reitor e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia presentan a nova Rede de centros e unidades de I+D+i da UDC

Nota de prensa

1/02/23 14:34

  • Institucional

A Coruña, 1 de febreiro de 2023.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, presentarán en rolda de prensa mañá, xoves, 2 de febreiro, ás 11:00 horas, na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza) a nova Rede de centros e unidades de I+D+i da UDC.

O contexto actual da ciencia excelente esixe adoptar unha estratexia de agrupación de capacidades e complementariedades no seo da propia universidade nun ecosistema activo baseado no traballo en rede. Con esta premisa, créase a Rede de centros e unidades de I+D+i co obxectivo de reforzar as estruturas de centros de investigación da UDC e impulsar unha investigación de calidade, internacional e multidisciplinar, que potencie a captación de recursos económicos.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC