O realismo máxico : exposición

24/04/26 10:00

  • Biblioteca

O termo "realismo máxico" foi empregado polo crítico de arte alemán Franz Roh para describir unha pintura que representaba unha realidade alterada, e entrou na lingua española coa tradución de 1925 do libro Realismo máxico. En 1948, foi introducido na literatura polo escritor venezolano Arturo Uslar Pietri. Posteriormente foi seguido por unha parte da prolífica xeneración de escritores que formaron o boom latinoamericano das décadas dos 60 e 70. Fóra de Hispanoaméríca, autores como Salman Rushdie, Milan Kundera ou José Saramago cautivaron a milleiros de lectores en todo o mundo. Este é o tema da nosa nova exposición, organizada pola bolseira de Cultura de Filoloxía, Ángela Noya. 

Publicado por: Biblioteca da Facultade de Filoloxía