Estas xornadas, dirixidas a profesorado de todos os niveis educativos, celébranse no edificio da Facultade de Xeografía e Historia e na Igrexa da Universidade ao longo dos días 6 e 7 de setembro de 2019.
Nº de prazas: 100 (as prazas cubriranse por orde de inscrición)
Prazo de inscrición: até o 5 de setembro de 2019
Para inscribirse, deben enviar a folla de inscrición cumprimentada ao correo xornadas.artes@usc.es
A inscrición é de balde.
Estas xornadas son froito do convenio entre a Real Academaia Galega de Belas Artes, os Conservatorios Superiores de Música da Coruña e Vigo e as tres Universidades galegas (A Coruña, Santiago e Vigo).
Está solicitado o recoñecemento pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como Actividade de Formación Docente para Profesorado Non Universitario.
Coordinadora do curso: Carmen Franco Vázquez (Facultade de Ciencias da Educación da USC)
Publicado por: Cultura