O equipo da UDC, vencedora na clasificación xeral por universidades no Campionato galego universitario de orientación 2025, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela nas instalacións da Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, o pasado martes 25 de marzo.
Nas clasificacións individuais, destacar o primeiro posto de Olalla Bello Rodríguez, na categoría feminina, e o segundo posto de Javier López González na masculina.
Parabéns para a nosa selección!
Máis información, clasificacións e galería de imaxes na seguinte ligazón
Publicado por: Servizo de Deportes