A Coruña, 26 de xaneiro de 2022.- A Universidade da Coruña non celebrará este venres, 28 de xaneiro, Día da Universidade na festividade de San Tomé de Aquino, o acto institucional en que se recoñece ao alumnado sobresaínte a causa da pandemia e por segundo ano consecutivo.
O Día da Universidade celébrase na UDC facendo entrega dos premios ao alumnado distinguido polo seu esforzo tanto no acceso á universidade, como nos estudos de grao, máster e doutoramento. Nesta ocasión, coa fin de evitar posibles riscos innecesarios de contaxio entre o alumnado e as súas familias, non se entregará nun acto oficial senón que os diplomas correspondentes entregaranse nas administracións dos centros de cada titulación, a partir da próxima semana, salvo os Premios de Excelencia da UDC ás mellores notas de admisión nos Graos que se entregarán no Servizo de Estudantes. O estudantado premiado pola mellor nota de acceso aos graos da UDC recibirá un diploma e un cheque por un importe de 565€; os graduados premiados na convocatoria UDC-Banco Santander obterán un diploma e mil euros, mentres que os premios de máster e de doutoramento reciben ademais do diploma o recoñecemento académico.
De todos os xeitos, mantense o carácter festivo desta xornada para toda a comunidade universitaria polo que a UDC estará pechada este venres. Coa celebración do Día da Universidade conclúe o primeiro cuadrimestre. O luns, 31 de xaneiro, comezan as clases do segundo cuadrimestre, que se prolongarán ata o 13 de maio. A partir do 18 de maio ata o 17 de xuño será o período de exames do segundo cuadrimestre.
Premios de Excelencia UDC á mellor nota de admisión nos Graos curso 2021-22
- Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas: Carlota Dans Pérez
- Grao aberto en Enxeñaría Industrial: Adrián Pérez Villaverde
- Grao en Administración e Dirección de Empresas: Nuria Picón García
- Grao en Bioloxía: Mariana Díaz Vázquez
- Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos: César Lojo Martinez
- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte: Alejandro Ramírez Valdés
- Grao en Ciencias Empresariais: Diana Maksymchuk Krupiy
- Grao en Comunicación Audiovisual: Raquel Aláez Ayán
- Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos: Victoria Porteiro Bértoa
- Grao en Dereito: Clara Bugallo Carballo
- Grao en Economía: Iria Parcero Pazos
- Grao en Educación Primaria: María Lema Paz
- Grao en Educación Social: Iria García Sixto
- Grao en Enfermería (Ferrol): Dafne Martínez Martínez
- Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto: Marina Boo Rodríguez
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas: Raúl Álvarez Rodríguez
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: Jorge Regueira Santos
- Grao en Enxeñaría Electrónica, Industrial e Automática: Mario Diaz Rodriguez
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais: Lucía Prieto Ramudo
- Grao en Enxeñaría Informática: José Antonio Varela Gómez
- Grao en Enxeñaría Mecánica: Mario Fernández Rodríguez
- Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica: Santiago Antonio Aguirre Martínez
- Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios: Ainhoa Ríos Mosquera
- Grao en Estudos de Arquitectura: Alicia Gayoso Cruz
- Grao en Fisioterapia: Carla Prieto Pita
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios: Carla Varela Pena
- Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios: Daniela Madrid
- Grao en Máquinas Navais: Alba González Ramos
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía: Noelia Prol Rey
- Grao en Náutica e Transporte Marítimo: Sofía Cabado Carral
- Grao en Podoloxía: Samuel Sánchez Gil
- Grao en Química: Andrea Vázquez Naya
- Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos: Elisa María Fraga Galdo
- Grao en Socioloxía: Luisauri Mariz Montero Encarnación
- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil: Carlos Díaz Blanco
- Grao en Turismo: Marta Vázquez Santiago
- Grao en Xestión Industrial da Moda: Violeta Carrero Isla
- Programa de simultaneidade do Grao en ADE e Grao en Dereito: Alejandro Vázquez Muñiz
- Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e Grao en Química: Rebeca Pombo Fuentes
- Programa de simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e Grao en Enxeñaría Naval: Carla Berbia Castro
- Programa de simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios: Lucía Sánchez Cal
- Programa de simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios: Andrea García Iglesias
- Programa de simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios: Violeta Meléndrez Doval
- Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e Grao en Ciencias Empresariais: Carmen Fernández Veloso
Premios extraordinarios de Grao do curso 2020/2021
- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte: Emilio Francisco Salorio García
- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte: Avelino Carnero Pérez
- Grao en Química: Xoán Carro Sánchez
- Grao en Bioloxía: Mauro Díaz Abellás
- Grao en Bioloxía: Antía Freire García
- Grao en Economía: Sabela Siaba Casais
- Grao en Administración e Dirección de Empresas: Jaime Vázquez García
- Grao en Administración e Dirección de Empresas: Laura Otero Lombán
- Grao en Administración e Dirección de Empresas: Andrea Teira Fachado
- Grao en Ciencias Empresariais: Alba Campillo Gómez
- Grao en Ciencias Empresariais: Adriana Gómez Redondo
- Grao en Dereito: Pablo Vázquez Candal
- Grao en Dereito: Jaime Vázquez García
- Grao en Dereito: Andrea Teira Fachado
- Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios: Irene Riveiro González
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios: Natalia Sánchez Fernández
- Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios: Jorge Horro Varela
- Grao en Terapia Ocupacional: Manuela Ángela Blanco Suárez
- Grao en Enfermaría (A Coruña): Laura Parga Fuentes
- Grao en Comunicación Audiovisual: Carlota Fiaño Salinas
- Grao en Arquitectura Técnica: Iván Casal Arcas
- Grao en Turismo: Alba Campillo Gómez
- Grao en Arquitectura: Alba Rodríguez Rodríguez
- Grao en Estudos de Arquitectura: Alba Pérez Porto
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas: María García Sousa
- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil: Ángel González García
- Grao en Socioloxía: Nerea Domínguez Sanisidro
- Grao en Náutica e Transporte Marítimo: Adrián Vilasánchez Torres
- Grao en Tecnoloxías Mariñas: Carlos Couce Rodríguez
- Grao en Enxeñaría Informática: Óscar Castellanos Rodríguez
- Grao en Enxeñaría Informática: Iñaki Amatria Barral
- Grao en Enxeñaría Informática: Alejandro Fernández Fraga
- Grao en Educación Primaria: Laura Méndez Casal
- Grao en Educación Primaria: Jéssica Louro Gonçalves
- Grao en Educación Infantil: María del Pilar Arias Rama
- Grao en Educación Infantil: Laura Campos Canosa
- Grao en Educación Social: Alexia Soto Penalta
- Grao en Educación Social: Uxía Hadaly Romero Bouzas
- Grao en Logopedia: Leona Rehakova Novosadova
- Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (A Coruña): Paloma Nogueira Vázquez
- Grao en Fisioterapia: Valeria Gómez Anido
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais: Patricia López Morais
- Grao en Enxeñaría Mecánica: Lucía Barreiro Varela
- Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica: Lucía Barreiro Varela
- Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática: Yago Gómez Castro
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: Óscar García Carro
- Grao en Humanidades: Brandán Mier Mouriño
- Grao en Información e Documentación: Paloma Caruncho Aldereguía
- Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol): Lidia Fraga Garea
- Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto: Lucía Martínez Sánchez-Gabriel
- Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto: Damián Javier Vaamonde Villaverde
- Grao en Podoloxía: Amanda Cano Llanos
- Grao en Enfermaría (Ferrol): Eva Vilela Martínez
Premios extraordinarios de Máster Universitario curso 2020/2021
- Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética: Alexander Carneiro Figueira
- Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental: Cecilia Naveira Pazos
- Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental: Ignacio Seoane Rebollo
- Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial: Nicolás Ezequiel Huber Valiño
- Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión: Victoria Formoso Freire
- Máster Universitario en Neurociencia: Jorge Romero Castillo
- Máster Universitario en Acuicultura: Elisa Roca García
- Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada: Junquera López Seijas
- Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada: Elena Córdoba Clavero
- Máster Universitario en Bioloxía Mariña: Núria Andón Mañero
- Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial: Ismael Pardal Vilas
- Máster Universitario en Avogacía: Diego García Lado
- Máster Universitario en Avogacía: Ana Antón Martínez
- Máster Universitario en Avogacía: Anna De Giuli
- Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial: Sabela García Rodríguez
- Máster Universitario en Lingüística Aplicada: Ángel Pedraza Pablos
- Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións: Yarizán Pan Pérez
- Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade: Lisa Viviani
- Máster Universitario en Técnicas Estatísticas: Borja Freire Castro
- Máster Universitario en Enxeñaría Informática: Íñigo Luis López-Riobóo Botana
- Máster Universitario en Enxeñaría Informática: Eva Suárez García
- Máster Universitario en Ciberseguridade: Lara Pallas Quintela
- Máster Universitario en Matemática Industrial: Alberto Pedro Manzano Herrero
- Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións: Bieito Beceiro Fernández
- Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde: Julia García Currás
- Máster Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados: Araceli Domínguez Serén
- Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos: Raúl Rey Cancela
- Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos: Jessica Acuña Alonso
- Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria: Raúl Rey Gayoso
- Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual: Virginia Bayona Casas
- Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual: Nathaly del Carmen Varela Contreras
- Máster Universitario en Banca e Finanzas: Nildes Abella Mantiñán
- Máster Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas: Livia Estévez Rey
- Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas: Agustina Queijo Beloqui
- Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas: Luis Mario Després Martínez
- Máster Universitario en Economía: Brais Pociña Sánchez
- Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde: Iván Nine Sieira
- Máster Universitario en Arquitectura: Uxía Mouriño Fernández
- Máster Universitario en Arquitectura: Diego Díaz Gómez
- Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica: David Sánchez de Enciso Expósito
- Máster Universitario en Náutica e Transporte Marítimo: Javier Fariña Martínez
- Máster Universitario en Enxeñaría Mariña: Santiago Baña Pérez
- Máster Universitario en Enxeñaría da Auga: Lisa Siebeneichner
- Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos: Sara Cochón Barral
- Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos: Marina García López-Arias
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Naomi Diz Rosales
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Noelia Leite Cosque
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Miguel Ángel López Hermida
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Nuria Casas Suárez
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Javier Mouzo Trillo
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Andrea Seoane Aguiar
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: María Sanjorge Saborido
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Pablo Pesado Rodríguez
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: María Dolores López-Riobóo Botana
- Máster Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas: Paula Viñas Romar
- Máster en Psicoloxía Aplicada: José Manuel González Díaz
- Máster en Psicoloxía Aplicada: Paula Martínez Barreiro
- Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías: Beatriz Requeijo González
- Máster Universitario en Psicopedagoxía: Gladys Enríquez García
- Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas: Jessica Costa Rodríguez
- Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares: Judith Bermúdez Rego
- Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para a Educación Infantil e Primaria: Ángela González González
- Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia: Alba Real Rodríguez
- Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia: Verónica Guerra Fandiño
- Máster Universitario en Xerontoloxía: Paula Pérez Queiruga
- Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria: Andrea Balsa Díaz
- Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria: Lucía Recarey Regueira
- Máster Universitario en Edificación Sostible: José Manuel Caamaño González
- Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos: Beatriz Prego Pérez
- Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía: Enrique Manso Castillo
- Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica: Romel Tomas Fragoso Tarasco
- Máster Universitario en Enxeñaría Industrial: Alán Luaces Mesías
- Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos: Carlos Balado Sánchez
- Máster Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético: Jorge López Vilela
- Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica: Yago Gómez Castro
- Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas: Uxía Comesaña Bastero
- Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral: Ana Gabriela Fernández Piñeiro
- Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns: Carla Gómez Castro
- Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns: Vanessa Bretal Pérez
Premios Extraordinarios de Doutoramento convocatoria 2019/2020
Ámbito de coñecemento:
- Actividade Física e Psicoloxía da Saúde: Josely Francis Cortés Cortés e Brais Ruibal Lista
- Arquitectura: Ángeles Santos Vázquez e Encarnación‐Ruth Varela Rodríguez
- Artes e Humanidades: Diego Rivadulla Costa, Ana María Alonso Rodríguez e Gabriela Ojeda Romano
- Bioloxía: Lucía González Rodríguez e Ruben Portela Carballeira
- Ciencias da Saúde: Marta Martínez Guitián, María Camacho Encina e Uxía Nogueira Recalde
- Dereito: Mª Ángeles Fuentes Loureiro e Noelia Martínez Doallo
- Economía e Socioloxía: Juan Ignacio Martín Legendre e Ariadna Monje Amor
- Educación: Iris Estévez Blanco e Jaime Alberto García Serna
- Enxeñaría Civil: Javier Paz Méndez e Juan Naves García‐Rendueles
- Física e Química: Sergio Santaeufemia Sánchez e Arturo Blanco Gómez
- Informática e Matemáticas: José Joaquín de Moura Ramos, Yerai Doval Mosquera e Isaac Daniel Fernández Varela
- Tecnoloxías Industriais e Marítimas: Florian Guy Bernard Michaud, Antonio Joaquín Rodríguez González e Francisco José Mouzo Murujosa
Foto: imaxe de arquivo do acto de celebración do Día da Universidade do ano 2020.