A OdS participa na sesión informativa Emerge Collaborative Call 2026

1/06/26 11:11

  • Medio ambiente

Mércores 3 de xuño

O vindeiro mércores, 3 de xuño, o Director da Oficina de Sustentabilidade da UDC participará na xornada informativa sobre a convocatoria EMERGE Collaborative Call 2026, unha iniciativa que apoia proxectos colaborativos impulsados desde a UDC en conexión con entidades externas, que poidan ter impacto social, comunitario, educativo, cultural ou territorial.
 
Na sesión informativa na que se presentarán exemplos de proxectos, accións e recursos de apoio, contarase tamén coa presenza de outros servizos da UDC vinculados aos valores EMERGE, como a Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, a Oficina de Cooperación e Voluntariado e  o programa Student Ambassador Force.
 
Sesión informativa 3 de xuño de 2026, 10:00 h.
Lugar: EMERGE Hub – Casa do Estudantado (Campus de Elviña).
 
A actividade está aberta a todas as persoas interesadas. ​
Para máis información: administration.emerge@udc.gal

Inscricións

 PROGRAMA sesion informativa Emerge 3 xuño

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade