A Facultade de Informática da Universidade da Coruña organiza a conferencia “Operacións no ciberespazo - Unha saída profesional nas Forzas Armadas”

Nota de prensa

21/11/23 10:34

  • Institucional

A Coruña, 21 de novembro de 2023.- O Salón de Actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollerá este xoves, día 23 de novembro, ás 16:00 horas, a conferencia “Operacións no ciberespazo - Unha saída profesional nas Forzas Armadas”.

O evento contará coa asistencia de Enrique Pérez de Tena, Capitán de Fragata e responsable de Cooperación, Relacións Internacionais e Prensa do Mando Conxunto do Ciberespazo; o Tenente Coronel, Celestino Ramón; o Tenente de Navío, Marcos Linazasoro; e o Brigada, Alberto J. Prados; da área de recrutamento da Subdelegación de Defensa da Coruña.

O evento vai dirixido ás persoas egresadas no Grao de Enxeñaría Informática, co obxectivo de que poidan contemplar novas saídas profesionais no campo das operacións militares no ciberespazo.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC