APOIO AO ALUMNADO

ADAPTACIÓNS

BOLSAS E AXUDAS

Préstamo de dispositivos

O alumnado da comunidade universitaria poderá solicitar os dispositivos adaptados que precise coma por exemplo ratos, netbook, gravadoras, pantallas, etc. así como tamén software accesible, sempre segundo a dispoñibilidade no servizo nese momento por parte do servizo de préstamo.

Lector de textos ClaroRead

ClaroRead é un lector de textos que reproduce calquera documento que teñamos no PC. Trátase dun software que está destinado a axudar ás persoas que teñen algunha dificultade na lectura ou na escritura e permite acceder á información de forma multisensorial (a través do canal visual e auditivo).

Servizo de transporte Adaptado

Ofrécese un servizo exclusivo ao alumnado da comunidade universitaria que se atopa con dificultades para a súa mobilidade para desprazarse ao seu centro de estudos da universidade. O servizo atópase subvencionado exclusivamente pola Universidade da Coruña.

Asistencia personal

Ao alumnado con discapacidade ou con necesidades educativas específicas, ofértase un servizo asistencial persoal durante o curso universitario nos períodos de asistencia a clase.

Intérprete de lingua de signos

Ao alumnado que precise de intérprete de lingua de signos, ofértase a posibilidade de ter unha persoa que interpréte en lingua de signos as clases presenciais.