Velar polos dereitos da comunidade universitaria con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
Facilitar o acceso á universidade ás persoas con discapacidade ou NEAE, así como garantir a súa posterior inclusión na vida universitaria para potenciar a participación en igualdade e equidade de condicións.
Favorecer a autonomía das persoas con discapacidade ou NEAE dentro da comunidade universitaria a través de actuacións que faciliten a toma de decisións, os desprazamentos autónomos, a accesibilidade da información e coñecementos. Isto implica tamén traballar cionxuntatmente coas persoas na promoción da vida independente e a autodeterminación.
Acompañar ao estudantado con discapacidade e NEAEs durante o seu tránsito pola vida universitaria.
Asesorar nos posíbeis axustes razonables en todos os elementos do currículum universitario e na accesibilidade física, cognitiva e comunicativa necesarios para afianzar a igualdade, equidade e a participación activa na vida universitaria.
Apoiar a implementación progresiva dos principios do deseño universal, tanto nos espazos e servizos como nos procesos de ensino-aprendizaxe dentro do contexto universitario.
Dinamizar a colaboración entre a universidade e outras institucións ou entidades vinculadas á discapacidade e ás NEAEs.
Formar, informar e sensibilizar a toda a comunidade universitaria en temas relacionados coa discapacidade e as NEAEs.
Establecer redes de traballo colaborativo dentro da universidade e con outras universidades en materia de discapacidade e NEAE.