PROBAS RÁPIDAS DE VIH E VHC - CAMPUS DE ELVIÑA

En colaboración coa organización Alas Coruña ponse a disposición da comunidade universitaria a posibilidade de facer a proba rápida de saliva de VIH e VHC no Edificio de Servizos Centrais de Investigación no andar 0 do Campus de Elviña.

As citas nos próximos meses son:

 

Xaneiro: luns, 27 
Febreiro: luns, 24
Marzo: luns, 17 
Abril: luns, 28
Maio: luns, 12 
Xuño: martes, 3 (na sede de ALAS: Rúa Cardenal Cisneros, 68, bajo derecha, 15007 A Coruña)

 

 

 

Para solicitar cita chama ao 644702940.

PROBAS RÁPIDAS DE VIH E VHC - CAMPUS DE FERROL

En colaboración coa organización CASCO ponse a disposición da comunidade universitaria a posibilidade de facer a proba rápida de saliva de VIH e VHC no Edificio de Apoio ao Estudo na aula 0.4 no Campus de Ferrol.