APOIO AO ALUMNADO

Dende o ADI ofrecemos atención, apoio e acompañamento a calquer alumne que o requira concertando unha cita: 

  • Escribindo no correo electrónico adi@udc.es. 
  • No teléfono 881012314

Tanto no formulario coma por teléfono, non é necesario que te identifiques para contactar con nós. É importante que coñezas que contamos cunha política de confidencialidade, polo que calquera información ou dato que nos aportes estará a resgardo. 

Se sofres algún tipo de discriminación ou violencia pola túa identidade, orientación e expresión contacta con nós, acompañarémoste en todo o proceso. 

Ofrecemos apoio e acompañamento específico ás persoas trans no seu proceso de cambio de nome e xénero, tanto na universidade coma no rexistro. 

Podes escribir de maneira anónima no seguinte botón

Apoiámoste

SENSIBILIZACIÓN, COMUNICACIÓN E VISIBILIDADE

 

  • Desenvolvemento de campañas de sensibilización e comunicación das realidades LGTBIQA+ en toda a Universidade, apostando pola transversalidade e a súa incorporación en tódalas estructuras da institución. 
  • Visibilidade das realidades LGTBIQA+ nos espazos universitarios e entre toda a comunidade universitaria.

FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN LGTBIQ+

 

  • Actividades e accións de carácter formativo, informativo e de sensibilización das realidades LGTBIQA+, buscando a participación de toda a comunidade educativa da UDC e de persoas ou organizacións referentes. 
  • Visibilidade e comunicación das datas máis relevantes para a comunidade LGTBIQA+, coma o 31 de marzo (día da visibilidade trans) e o 28 de xuño (día do orgullo). 
  • Accións de carácter artístico e cultural sobre as realidades LGTBIQA+. 
  • Fomento da creación de grupos LGTBIQA+. A comunidade LGTBIQA+ precisa de espazos entre iguais e libres de violencia polas vivenzas e situación que viven no seu día a día. Dende o ADI fomentarase e apoiarase a creación de grupos LGTBIQA+ autónomos e propios dentro do estudantado da Universidade. 

RECURSOS E GUÍAS

 

Neste apartado colgaremos as campañas de comunicación, as normativas LGTBIQ+ da UDC, lexislacións, ferramentas para o fomento de espazos inclusivos e diversos na universidade, así coma outros que sexan de interese para a comunidade LGTBIQ+.