Velar polos dereitos de toda a comunidade universitaria disidente sexual e de xénero, especialmente daquelas persoas máis vulnerables.
Dar unha atención e acompañamento á comunidade universitaria en materia da diversidade sexual e de xénero, fomentando os cambios necesarios para contar con espazos máis inclusivos.
Apoiar ó alumnado LGTBIQA+ nas diferentes situacións e vivenzas que poidan estar a vivir, especialmente no caso das persoas trans e aquelas que non cumpren os cánones de xénero normativos.
Formar e sensibilizar a toda a comunidade educativa en materia LGTBIQ+.
Desenvolver campañas de comunicación sobre as realidades LGTBIQ+ dentro e fóra da Universidade.
Promover espazos libres de discriminación e contra as violencias LGTBIfóbicas.
Asesorar nas posíbeis adaptacións pedagóxicas, arquitectónicas e comunicativas necesarias para afianzar a igualdade de oportunidades nos procesos de adquisición e desenvolvemento dos coñecementos e tarefas tanto académicos como laborais na Universidade.