UXAI-Ferrol

A Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro (UXAI ESTEIRO) é a unidade encargada da xestión administrativa das titulacións de grao e máster  que se imparten no Campus de Ferrol.

O alumnado da UDC realizará as xestións relacionadas coa súa matrícula e expediente académico a través do portal

SOLICITUDES UDC

escollendo entre as opcións que se ofrecen a que se axuste a súa solicitude.

Deberá ter en conta, antes de rexistrar a súa solicitude,  que os trámites que a continuación se detallan requiren a presentación dun determinado modelo cuberto e asinado que pode descargar facendo clic sobre o nome do impreso:

TRÁMITE

IMPRESO

Solicitude de devolución de prezos públicos

Solicitude de devolución de prezos públicos

Solicitude de recoñecementos por outros estudos universitarios oficiais españois

Solicitude de recoñecementos titulacións de grao e máster

Solicitude de recoñecementos por ciclos superiores de formación profesional

Solicitude de recoñecementos por ciclo superior de FP

Solicitude de anulación de matrícula

Solicitude de anulación de matrícula


A normativa académica a estes procedemento está ao seu dispor en  https://www.udc.es/es/normativa/academica/ e as cuestións específicas de aplicación a cada grao ou máster poderá atopalas nas páxinas web do centro de impartición.

A comunicación entre o alumnado dos distintos centros do Campus de Esteiro e a  UXAI realizarase a través dos seguintes enderezos electrónicos:

  • uxai.esteiro.epef@udc.gal: para alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  • uxai.esteiro@udc.gal: para o alumnado do resto de Centros (EU de Deseño Industrial; Facultade de Humanidades; Facultade de Enfermaría e Podoloxía; e Facultade de Ciencias do Traballo)