Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade

Estrutura

O mestrado ten unha duración de un ano académico e 60 créditos ECTS.

No primeiro cuadrimestre impartiranse os tres módulos de materias obrigatorias (30 créditos ECTS); no segundo, o estudante cursará o módulo da súa especialidade (24 créditos ECTS). Como colofón do mestrado, haberá que realizar e presentar un traballo fin de mestrado (6 créditos ECTS).

 

Planificación académica

1.º CUADRIMESTRE

Módulos comúns e obrigatorios

• Teoría e crítica nos estudos literarios e culturais (12 créditos)

  • Teoría e crítica nos estudos literarios (3 créditos)
  • Novos enfoques nos estudos literarios e culturais (3 créditos)
  • Literatura, cultura e sociedade (3 créditos)
  • Estudos comparatistas e tradicións literarias (3 créditos)

• Tecnoloxías e métodos para os estudos literarios e culturais (9 créditos)

  • Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación (3 créditos)
  • Estudos do libro e edición (3 créditos)
  • Recursos para a investigación da literatura (3 créditos)

• Literatura, cultura e arte (9 créditos)

  • Literatura e espectáculo (3 créditos)
  • Literatura e arte (3 créditos)
  • Literatura e medios de comunicación (3 créditos)

2.º CUADRIMESTRE

Módulos específicos e optativos

• Literatura e cultura no ámbito hispánico (24 créditos)

  • Literatura española e hispanoamericana: xéneros (3 créditos)
  • Literatura española e hispanoamericana: autores (3 créditos)
  • Literatura española e hispanoamericana: obras (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en Literatura española da Idade Media (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en Literatura española dos Séculos de Ouro (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en Literatura española contemporánea (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en Literatura Hispanoamericana (3 créditos)
  • Literatura hispánica e tradición (3 créditos)

• Literatura e cultura no ámbito galego-portugués (24 créditos)

  • Temas e liñas de investigación en literatura e cultura medievais (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XIX (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XX (3 créditos)
  • Literatura e cultura galegas no século XXI (3 créditos)
  • Os discursos críticos nas literaturas e nas culturas en lingua galega e portuguesa (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en literatura e cultura portuguesas (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en literatura e cultura brasileiras (3 créditos)
  • Temas e liñas de investigación en literaturas e culturas africanas de lingua portuguesa (3 créditos)

Traballo fin de mestrado (6 créditos)