La Facultad | Grados | Másteres | Doctorado | Investigación | Calidad | International Students
Orientación ao estudantado (curso 2020/2021)
Para estudantes de 1.º de Filoloxías
Para estudantes de continuación de estudos
—
Para estudantes de 1.º de Filoloxías
- Organización da docencia
- Farase segundo os horarios e grupos publicados no espazo de cada titulación na web da facultade.
- A primeira semana de clase (21-25 setembro) haberá tamén sesións interactivas e TGR.
- As titorías realizaranse exclusivamente en liña, previa cita.
- Non será posible atender cambios de grupo.
- Cal é o meu horario? Como funcionan os grupos?
- Nas aulas
- Para permitir o seguimento de aparecer un caso de covid, cada estudante deberá manterse no posto elixido en cada aula durante todo o cuadrimestre. Nas mesas haberá unha etiqueta en que o estudantado anotará o seu DNI/pasaporte.
- Nas aulas só poden ocuparse os postos marcados en verde (cunha etiqueta ou cun número en verde).
- Páxina web
- Biblioteca
5. Charla sobre ferramentas de teleformación para o alumnado (comeza no min. 9:40)
6. Vídeo de presentación do Servizo de Estudantes da UDC
—
Para estudantes de continuación de estudos
Organización da docencia
- Farase segundo os horarios e grupos publicados no espazo de cada titulación na web da facultade.
- En 2.º, 3.º e 4.º dos graos de Filoloxía e 3.º de Turismo, as sesións expositivas das materias obrigatorias realizaranse de forma non presencial. Seguirase o establecido en cada guía docente (Campus Virtual/Teams).
- Nas materias optativas impartiranse todas as sesións de forma presencial.
- A primeira semana de clase (21-25 setembro) haberá tamén sesións interactivas e TGR.
- As titorías realizaranse exclusivamente en liña, previa cita.
Nas aulas
- Para permitir o seguimento de aparecer un caso de covid, cada estudante deberá manterse no posto elixido en cada aula durante todo o cuadrimestre. Nas mesas haberá unha etiqueta en que o estudantado anotará o seu DNI/pasaporte.
- Nas aulas só poden ocuparse os postos marcados en verde (cunha etiqueta ou cun número en verde).
- Non será posible atender cambios de grupo excepto se dous estudantes intercambian os grupos asignados, de xeito que non cambie o número de estudantes de cada grupo e materia. Será responsabilidade do/a estudante atopar interesados/as na permuta.
Páxina web
Biblioteca
Outros aspectos
- Habilitáronse novas aulas para docencia: a 1.8 (antiga sala de traballo, fronte a reprografía), a ‑1 (no soto) e os seminarios 2, 4 e 5 (no edificio anexo, nos respectivos andares 2, 4 e 5) e a Aula Magna.